José-Maria Monterroso Devesa-Juega, nado na Coruña o 10 de novembro de 1944, é un escritor galego.

Traxectoria Viviu no Uruguai dos 6 aos 19 anos, onde iniciou os estudos de Dereito, en Montevideo. Retornado á Coruña, obtén a praza de funcionario, e, tras varios destinos (Madrid, Cáceres e Xixón), vive nesta cidade desde 1973, aínda que compartindo a residencia co Uruguai.

Foi presidente da Agrupación Cultural O Facho entre 1988 e 1991, e socio fundador da Asociación de Escritores en Lingua Galega e da Associaçom Galega da Língua.

Obras

dereita|miniatura|Entrevista en Nós TV.

Poesía

Cara ó lonxe, noite adiante, 1973, A Coruña, edición do autor. Edición bilingüe. Berro (letras pra cantigas), 1976, Montevideo, edición do autor. Co pseudónimo de Andrés Terra. Nau enfeitizada, 1979, Ediciós do Castro. Aquela luz, 1997, Espiral Maior. 20 sonetos e meio, 2000, edición en Internet.

Ensaio Galegos e galeguismo, 1979, Escola Aberta. A emigración en Castelao (O tema da emigración no Castelao gráfico), 1987, Patronato da Cultura Galega de Montevideo. Apelidos galegos, 1990, AGAL. O cemitério de Santo Amaro, 1992, Asociación de Amigos do Museo Arqueolóxico da Coruña. Apelidos galego-portugueses no mundo, 1993, AGAL, separata de Agália. Mil e pico de nomes galegos do Uruguay, 2009, Montevideo, edición do autor. As minhas teimas. As nossas teimas (2023). Medulia. 300 páxs. ISBN 978-84-19438-48-5.

Obras colectivas O galego hoxe, 1978. As rúas da Cruña, 1978, Escola Aberta. De amor e desamor, I, II, 1984, 1985, Ediciós do Castro. Actas do I Congresso Internacional da Língua Galego-Portuguesa na Galiza, 1984), 1986, AGAL. A Coruña na cultura galega, 1991, A. C. O Facho. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Poemas coruñeses: antoloxía de textos poéticos dos séculos XIX e XX sobre a Coruña, 2008, Espiral Maior. De amor e desamor, 2009, Deputación da Coruña. 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015. Os aforismos do riso futurista, 2016, Xerais.

Premios Primeiro premio no VI Encontro Cultural Minho-Galaico de Guimarães no 1975, por Desvida e morte do Bentos Pardiñas (conto). Premio de ensaio Xesús Canabal do Patronato da Cultura Galega de Montevideo no 1986, por A emigración en Castelao''. Premio da Asociación de Libreiros na Coruña como animador cultural no 1993. Vieira de Prata no 2004 do Patronato da Cultura Galega de Montevideo, por toda a súa traxectoria.

Véxase tamén Outros artigos Juana Teresa Juega López

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1944 Categoría:Enciclopedistas de Galicia