Lourdes Maceiras García, nada en Barcelona o 29 de outubro de 1955, é unha profesora e escritora galega.
Traxectoria Estudou na Universidade de Santiago de Compostela. Licenciada en Medicina e Cirurxía, doutora en Medicina e Cirurxía (Doutoramento en Medicina Preventiva e Saúde Pública, especialista en Medicina Preventiva e Saúde Pública, máster en Saúde Pública, máster en Administración e Xestión Sanitaria, máster en Deseño de Investigacións e Estatística en Ciencias da Saúde, máster en Educación para a Saúde, máster en Nutrición e Dietética.
É profesora da Área de Medicina Preventiva e Saúde Pública da Universidade de Vigo, Facultade de Fisioterapia. Tamén directora da revista Salud Pública y Educación para la Salud e presidenta da Asociación Galega de Educación para a Saúde e da Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GALIX).
Obras Literatura infanto-xuvenil O torque de ouro (1989). Vía Láctea. ISBN 978-84-86531-51-5. Reeditada en Tambre (2006) como O torques de ouro. ISBN 9788488681720. Rabibranca (1991). Edelvives. ISBN 978-84-263-2168-8 . Nos xardíns (1994). Xunta de Galicia. Ilustracións de Manolo Uhía. A pantasma da torre (2002). Xerais. Premio de Literatura Infantil e Xuvenil ''LECTURAS'' (modalidade ilustración) GALIX. 2ª ed. 2010, ISBN 978-84-9782-660-0.
Saúde
Ambiente e saúde, 1995, Asociación Galega de Educación para a Saúde. ISBN 8492117605.
Obras colectivas
E dixo o corvo..., 1997, Xunta de Galicia. Acción titorial, transversalidade e resolución de conflictos, 2001, Universidade de Santiago de Compostela. Uxío Novoneyra. A emoción da Terra, 2004, Asociación de Escritores en Lingua Galega. Arco da vella, 2005. Escrita Contemporánea, Homenaxe a Ánxel Casal, 2005, AELG. A Coruña á luz das letras, 2008, Trifolium. Tres blues e un rap, 2008, GALIX/Xunta de Galicia. En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova, 2010, Toxosoutos. Vivir un soño repetido. Homenaxe a Lois Pereiro, 2011, AELG, libro electrónico.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Videoteca de Lourdes Maceiras na AELG
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1955
Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados na diáspora galega