Manuel Couce Pereiro, nado en Ferrol o 9 de xaneiro de 1935, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Traballador do estaleiro de Bazán, foi delegado sindical, secretario do comité de empresa e secretario comarcal da UGT na comarca de Ferrol. Militante do PSdeG-PSOE, nas eleccións galegas de 1981 foi elixido deputado do Parlamento de Galicia e volveu ser elixido nas de 1985. Concelleiro en Ferrol, foi elixido alcalde en 1989 logo dunha moción de censura contra o seu curmán, o alcalde de AP Alfonso Couce Doce, cos votos do seu propio partido xunto cos de EU-IU e un tránsfuga de AP . Logo das municipais de 1991, nas que foi elixido alcalde de Ferrol Mario Villaamil, unha nova moción de censura converteuno de novo en alcalde ata 1995. Nas xerais de 1993 foi elixido deputado pola provincia da Coruña no Congreso. En 1996 abandonou a actividade política.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos
Eleccións municipais en Ferrol
Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Ferrol Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PSOE Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1935 Categoría:Deputados da I Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña