Xoán Ramiro Cuba Rodríguez, nado en Lugo o 20 de xaneiro de 1958, é un escritor galego.

Traxectoria Traballa no Museo Provincial de Lugo como responsable de publicacións. En 1992 creou con Ofelia Carnero Vázquez, Mercedes Salvador Castañer e Antonio Reigosa o Grupo de Investigación Etnográfica Chaira, realizando diversos proxectos, traballos de campo, arquivo e publicación levados adiante en distintas comarcas lucenses, fundamentalmente na Terra Chá e no concello da Pontenova.

Obras Literatura infanto-xuvenil O caracol Remoldiño, 2003, Xerais. Remoldiño vai á feira, 2007, Xerais.

Obras colectivas Polavila na Pontenova. Lendas, contos e romances, 1998, Deputación de Lugo. Guía do Museo Provincial de Lugo, 2003, Deputación de Lugo. Da fala dos brañegos. Literatura oral do concello de Abadín, 2004, Deputación de Lugo.

Con Xosé Miranda e Antonio Reigosa Contos marabillosos I e II, 1998, Xerais. Contos marabillosos. III e IV, 1999, Xerais. Dicionario dos seres míticos galegos, 1999, Xerais. Traducido ao castelán como Diccionario de los seres míticos gallegos no 2006 na mesma editorial. Contos de maxia, I, II, III e IV, 2000, Xerais. Antoloxía do conto de tradición oral, 2001, Biblioteca Galega 120, La Voz de Galicia. Contos colorados: narracións eróticas da tradición oral, 2001, Xerais. Contos de animais, I e II, 2001, Xerais. Pequena mitoloxía de Galicia, 2001, Xerais.

Véxase tamén

Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Nados en Lugo Categoría:Nados en 1958