O castro de Bordelle ou Monte do Castro é un castro situado no lugar de Bordelle na parroquia de Sarandós, no concello coruñés de Abegondo.

Morfoloxía Consta dun recinto fortificado de forma ovalada que aproveita a forte pendente polo norte e polo oeste como defensa natural. Polas bandas sur e este existen restos dun pequeno parapeto, hoxe alterado por obras de infraestruturas viarias. Ten unhas dimensións aproximadas de 100 por 58 metros.

O castro está gravemente alterado polo sueste por construción de pistas.

Arqueoloxía Non se ten noticia de que se realizasen campañas arqueolóxicas.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Cultura castrexa Castros da provincia da Coruña

Bordelle Categoría:Abegondo sen imaxes Categoría:Castros de Galicia sen imaxes