O Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural (IBADER) é un Instituto Universitario de Investigación de Carácter Mixto, creado no ano 2001, cuxa sede se atopa na cidade de Lugo. Esta Institución pertence á Universidade de Santiago de Compostela no seu Campus de Lugo. En 2011 estaba conformada, ademais de pola USC, pola Xunta de Galicia (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e Consellería do Medio Rural) e mais a Deputación de Lugo.

Obxectivos Os obxectivos xerais da Institución son:Decreto 72/2001, de 22 de marzo, polo que se crea o Instituto Universitario de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural na Universidade de Santiago de Compostela

A investigación e innovación en cuestións de planificación e desenvolvemento rural en Galicia profundando nos campos da conservación e xestión da biodiversidade e do medio rural. Impulsar novos mercados de traballo para os estudantes de titulacións universitarias Facilitar o intercambio de profesorado e estudantes e a colaboración con outros centros, prestando atención aos países hispanoamericanos e centros europeos. Estudar e implantar novas posibilidades da planificación e desenvolvemento rural en Galicia Converterse nun foro estable para a discusión aberta e divulgación sobre os temas do medio rural galego.

O convenio de creación da Institución aborda catro Unidades de Actuación: Investigadora: Unidade encargada da realización de proxectos de I+D+I. Docente: Unidade encargada da realización de programas de doutoramento, cursos de posgrao e cursos de formación e reciclaxe. Servizos: Unidade orientada ao asesoramento a entidades públicas, empresas e a outras persoas físicas ou xurídicas que o soliciten. Difusión: Unidade encargada da distribución e recompilación de documentación bibliográfica, normativas e outros temas de interese para a Institución e as entidades universitarias.

Grupos de investigación Existen 6 grupos de investigación da Universidade de Santiago de Compostela adscritos ao Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Rural, contando en conxunto con máis de 70 investigadores:

GI-1248 – Solos agrícolas e forestais: Dinámica de nutrientes, manexo e utilización de refugallos GI-1648 – Sistemas silvopastorais GI-1649 – Xestión de residuos orgánicos, fertilización e ecoloxía agraria GI-1729 – Recursos zooxenéticos e as súas producións GI-1934 – Territorio, Biodiversidade (Te-Bio)

Notas

Categoría:Universidade de Santiago de Compostela