Nicasio Guisasola Domínguez-Gil, nado en Xixón en 1900 e finado en Talavera de la Reina o 10 de xuño de 1940, foi un enxeñeiro agrónomo e político galego.

Traxectoria Fillo de Juan Guisasola Válgoma. Enxeñeiro agrónomo, foi profesor de Agricultura do Instituto de Vigo. Xerente da fábrica de osíxeno de Vigo, foi propietario da fábrica de cerámica da Fianteira en Vilalonga (Sanxenxo).Historia das Telleiras I Secretario de Unión Regional de Derechas de Vigo en 1932,El Pueblo Gallego, 1-12-1932, p. 12. foi deputado pola provincia de Pontevedra pola CEDA nas eleccións xerais de 1933. Volveu presentarse ás eleccións xerais de 1936 pola candidatura de dereitas, pero non foi elixido. Ao producirse o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 alistouse na Compañía de Voluntarios de Vigo como brigada, combateu en Estremadura e foi ferido en Villagonzalo, alcanzando a gradación de tenente de complemento de Infantaría. Ao rematar a guerra foi designado Xefe da Sección Agronómica da provincia de Madrid.Agricultura. Revista agropecuaria Finou en accidente de automóbil en Talavera de la Reina o 10 de xuño de 1940Necrolóxica en Hoja Oficial del Lunes, 17-6-1940, p. 12. e foi soterrado en León.

Recoñecementos Medalla de Sufrimentos pola Patria. Cruz de Guerra. 2 cruces vermellas ao mérito militar.

Vida persoal

Casou en Xixón con María Riva Suardíaz en 1925,Región, 14-11-1925, p. 5. e foi pai de María Cristina Guisasola Riva. Notas

Véxase tamén Ligazóns externas "As barreiras teñen nome de muller"

Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Deputados nas Cortes da II República Categoría:Nados en Xixón Categoría:Nados en 1900 Categoría:Finados en 1940