Gonzalo Rojas Pizarro, nado en Lebu o 20 de decembro de 1917 e finado en Santiago de Chile o 25 de abril de 2011, foi un poeta chileno de recoñecido prestixio pertencente á chamada «Xeración de 1938 de Chile». A súa obra enmárcase na tradición continuadora das vangardas literarias latinoamericanas do século XX. Amplamente recoñecido a nivel hispanoamericano, foi galardoado, entre outros, co Premio Reina Sofía de Poesía Iberoamericana 1992, o Premio Nacional de Literatura de Chile 1992 e o Premio Cervantes 2003. Obra
Véxase tamén Ligazóns externas Gonzalo Rojas, sitio da Universidade de Chile.
Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Poetas en lingua castelá Categoría:Escritores de Chile Categoría:Nados en 1917 Categoría:Finados en 2011 Categoría:Premio Cervantes