As xantinas (/ks/) son substancias que pertencen a un grupo químico de bases purínicas que inclúen substancias endóxenas tales como a guanina, a adenina, a hipoxantina e o ácido úrico.
Etimoloxía A palabra xantina deriva do grego xanthos, que se traduce como "amarelo", en virtude dos residuos amarelos producidos por estes compostos cando se quentan até o desecado con ácido nítrico.
Tipos de xantinas Desde o punto de vista médico e farmacolóxico, existen tres xantinas de importancia: a cafeína, a teobromina e a teofilina, que son as tres, xantinas metiladas, polo que tamén se denominan metilxantinas. Son consideradas alcaloides, xa que son substancias fisiolóxicamente activas, continentes de nitróxeno e atópanse en plantas e nalgúns tecidos humanos; non obstante, chegan a diferir das bases alcaloides en que son lixeiramente solubles en auga. A importancia concedida a estes compostos deriva da interpretación do seu nome: teobromina, "comida divina"; teofilina, "folla de deuses" e cafeína, que vén da palabra árabe para designar o viño. 200px|esquerda|miniatura|Cafeína: R1 = R2 = R3 = CH3Teobromina: R1 = H, R2 = R3 = CH3Teofilina: R1 = R2 = CH3, R3 = H
+ Xantinas importantesNomeR1R2R3R8nomenclatura da IUPACAtópase enXantinaHHHH3,7-dihidro-purina-2,6-dionaplantas, animaisCafeínaCH3CH3CH3H1,3,7-trimetil-1H-purina-2,6(3H,7H)-dionaCafé, Guaraná, Mate (herba mate), Té, ColaTeobrominaHCH3CH3H3,7-dihidro-3,7-dimetil-1H-purina-2,6-dionaChocolate, MateTeofilinaCH3CH3HH1,3-dimetil-7H-purina-2,6-dionaTé, chocolate, Mate (herba mate)ParaxantinaCH3HCH3H1,7-dimetil-7H-purina-2,6-dionaAnimais que consumiron cafeína8-CloroteofilinaCH3CH3HClDimenhidrinato
Consumo Existen varias bebidas non alcohólicas provenientes de produtos vexetais que teñen xantinas. Por exemplo:
As follas do té, Thea sinensis e os graos de café, Coffea arabica conteñen dun 1 a un 1,5% de cafeína. O cacao, Theobroma cacao, pode chegar a conter un 3% de teobromina. O té tamén contén unha porcentaxe importante de teofilina. As noces de kola, Cola acuminata, elaboradas por nativos de África Occidental. O guaraná, Paullinia cupana, propio do Brasil O mate, Ilex paraguariensis, bebida ben consumida en Paraguai, Arxentina, Uruguai, Brasil.
Efectos farmacolóxicos das xantinas As xantinas teñen efectos semellantes en varios sistemas orgánicos; diferindo entre si principalmente nas súas potencias relativas. Acción estimulante do sistema nervioso central. Acción relaxante da musculatura lisa. Producen vasoconstrición da circulación cerebral. Estimula a contractibilidade cardíaca. Acción diurética. Estimulación da resposta contráctil do músculo esquelético. Síndrome de abstinencia.
Notas
Categoría:Bases nitroxenadas Categoría:Purinas