<font color=white size="3"> Baylor Bears División División I da NCAA Subdivisión en fútbol americano Football Bowl Subdivision (FBS) Conferencia Big 12 Conference Alcume Bears Mascota Joy e Lady Estadio de fútbol americano Floyd Casey Stadium (50.000 espectadores) Pavillón de baloncesto Ferrell Center (11.528 espectadores) 300px Baylor Bears é o equipo deportivo da Universidade de Baylor, en Waco, Texas. Os equipos dos Bears participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Big 12 Conference dende o ano 1996. Os programas deportivos femininos desta universidade son coñecidos coma Lady Bears.

Deportes Baylor compite en 16 deportes variados:

Masculino: Béisbol Baloncesto Campo a través Fútbol americano Golf Tenis AtletismoFeminino: Baloncesto Campo a través Equitación Golf Fútbol Softbol Tenis Atletismo Voleibol

Béisbol O equipo de béisbol é un dos programas deportivos con máis éxito de Baylor. Dende a súa entrada na Big 12 Conference, Baylor ten a mellor marca de conferencia con 137-83 (.623) baixo o mando do adestrador Steve Smith.

Baloncesto Baylor Lady Bears gañou o campionato nacional de baloncesto feminino da NCAA en 2005, adestrados por Kim Mulkey-Robertson, e gañando na final a Michigan State Spartans por 84-62. Mulkey-Robertson converteuse na primeira adestradora de Baylor e na terceira adestradora da historia en gañar o campionato nacional coma adestradora e coma xogadora, xunto con Dean Smith e Bob Knight.

Os Baylor Bears gañaron cinco títulos da Southwest Conference, e alcanzaron a Elite Eight en 1946 e a Final Four en 1948 e 1950. En 1948 chegaron á final, pero perderon ante os Kentucky Wildcats por 58-42.

Xogadores de baloncesto notables coma David Wesley, Vinnie Johnson ou Darryl Middleton proceden desta universidade.

Ligazóns externas Web Oficial dos Bears

Categoría:Equipos da NCAA