Stargate (en ) é un filme franco-estadounidense de ciencia ficción dirixido por Roland Emmerich e escrito por Dean Devlin e Emmerich, que se estreou en 1994.

Sinopse No ano 1928, o profesor Langford descobre en Gizeh (Exipto) un artefacto metálico con forma de anel. Anos máis tarde, en 1994, o Doutor Jackson (James Spader), lingüista que daba unha conferencia sobre os xeroglíficos exipcios, recibe a visita da Dra. Langford, que lle propón traballar na tradución dunhas táboas do Antigo Exipto.

O Dr. Jackson tense que trasladar ata unhas instalacións militares na Montaña Creek, Colorado, onde lle ensinan unhas enormes lousas de protección. Nunha lousa contigua existía unha tradución de parte dos símbolos, que non dubida en corrixir. A tradución dos outros símbolos lévalle dúas semanas, ata que se dá conta que non son símbolos senón constelacións que sinalan un punto no Universo.

Cando explica os seus descubrimentos ó Xeneral West e ó resto dos militares, deciden ensinarlle que era o que se atopaba debaixo das lousas de protección. Grazas ó Dr. Jackson, conseguen activar o StarGate e establecer un burato de verme coa outra punta do universo coñecido.

Personaxes Kurt Russell como Coronel Jack O'Neil, un soldado das Forzas Especiais de Operacións, que sofre un período de depresión suicida despois de que o seu fillo se disparase a si mesmo accidentalmente coa pistola de O'Neil. Cando o seu cargo é reactivado, entra voluntariamente na Stargate, plenamente consciente de que se cadra non sobreviviría para regresar á Terra.. James Spader como Daniel Jackson, un profesor que mantén que a Gran Pirámide de Gizeh non foi construída polos faraóns da cuarta dinastía. James Spader estaba intrigado polo guión porque lle parecía "horrible", pero aceptou o papel porque lle reportou moitos cartos. Jaye Davidson como Ra, un poderoso alien con forma humana. Despois de viaxar polo universo buscando un hóspede que puidese substituír o seu corpo moribundo, Ra toma a forma dun curioso adolescente e escraviza á xente da Terra. Usando unha Stargate, transporta xente dende a Terra a outro planeta (onde ten lugar a meirande parte do filme) ata que os humanos da Terra se rebelan e enterran a súa Stargate. Erick Avari como Kasuf, o líder local da cidade preto da Stargate, e o pai de Sha'uri e Skaara. Alexis Cruz como Skaara, o fillo de Kasuf e irmán de Sha'uri. Skaara e os seus amigos axudan a O'Neil a loitar con Ra. Mili Avital como Sha'uri, a filla de Kasuf. Kasuf offrece a Sha'uri a Daniel Jackson en matrimonio como agasallo. John Diehl como Tenente Coronel Kawalsky, o segundo ó mando de O'Neil French Stewart como Tenente Feretti, membro do equipo de O'Neil Viveca Lindfors como Catherine Langford, a líder do proxecto Stargate que estaba presente cando Stargate foi descuberta en Gizeh en 1928, cando o seu pai lle deu o amuleto co Ollo de Ra. Leon Rippy como Xeneral W. O. West, o oficial ó mando da instalación que acolle o dispositivo de Stargate. Richard Kind como Dr. Gary Meyers, doutor de investigación da Stargate. Rae Allen como Dr. Barbara Shore, doutor de investigación da Stargate. Derek Webster como Tenente Brown, membro do equipo de O'Neil Christopher John Fields como Tenente Freeman, membro de O'Neil Jack Moore como Aviador Reilly, membro de O'Neil Steve Giannelli como Tenente Porro, membro do equipo de O'Neil Djimon Hounsou as Horus, garda persoal de Ra. Carlos Lauchu as Anubis, garda persoal de Ra.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Ficha en AllMovie

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua exipcia Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Roland Emmerich Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de acción e ciencia ficción dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de Carolco Pictures Categoría:Filmes de StudioCanal Categoría:Filmes de Pathé Categoría:Filmes de Centropolis Entertainment Categoría:Filmes rodados en California Categoría:Filmes rodados en Arizona Categoría:Filmes ambientados en Colorado Categoría:Filmes ambientados en 1928 Categoría:Filmes ambientados en Exipto Categoría:Filmes sobre buratos de verme Categoría:Filmes sobre extraterrestres