Dexter Jerome Pittman, nado o 2 de marzo de 1988 en Rosenberg, Texas, é un xogador americano de baloncesto profesional.
Traxectoria Pittman foi seleccionado na 32ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Miami Heat. O 16 de xullo de 2010 asinou un contrato por 3 anos. O 26 de novembro, Pittman foi enviado á D-League a xogar cos Sioux Falls Skyforce para desenvolver as súas habilidades. O 18 de decembro, foi chamado outra vez por Miami. O 6 de xaneiro, volveu aos Skyforce.
Pittman xogou o seu primeiro partido na NBA o 1 de abril de 2011, na vitoria dos Miami Heat por 111-92 ante os Minnesota Timberwolves. Xogou 2 minutos, onde non anotou ningún punto, e capturou 2 rebotes.
O 21 de febreiro de 2013, Pittman foi traspasado ós Memphis Grizzlies xunto a unha elección de segunda rolda do Draft a cambio dos dereitos de Ricky Sanchez. O 14 de abril de 2013, foi cortado polos Grizzlies.
Notas
Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Miami Heat Categoría:Xogadores dos Memphis Grizzlies Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Nados en 1988 Categoría:Nados en Texas