miniatura|Alfred Stevens: A Verdade e a Falsedade. miniatura|Walter Seymour Allward, Veritas, 1920 miniatura|A Verdade, relevo nunha porta de bronce na entrada principal do Thomas Jefferson Building, un dos tres edificios que conforman a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América A verdade (do latín, veritas) é a coincidencia entre unha afirmación e os feitos, ou a realidade á que se refire dita afirmaciónMerriam-Webster's Online Dictionary, truth, 2005. ou a fidelidade a unha idea. O termo úsase nun sentido técnico en diversos campos como a ciencia, a lóxica, as matemáticas e a filosofía.

O uso da palabra verdade tamén abarca a honestidade, a boa fe e a sinceridade humana en xeral, até o acordo dos coñecementos coas cousas que se afirman como realidades: os feitos ou a cousa en particular; así como a relación dos feitos ou as cousas na súa totalidade na constitución do TODO, o Universo.

As cousas son verdadeiras cando son «fiables», fieis porque cumpren o que ofrecen.Ferrater Mora. op. cit. p. 3397 y ss.Etimoloxías e interpretacións de sentido de verdad en hebreo, grego, latín, xermánico, e indioiraní, véxase: Zubiri, X. Naturaleza, Historia, Dios. Nuestra situación intelectual. La verdad y la ciencia. op. cit. p.14

Características Para o hebreo clásico, o termo emuná significa primariamente "confianza", "fidelidade". As cousas son verdadeiras cando son "fiábeia"; fieis, porque cumpren o que ofrecen.Ferrater Mora, J. Diccionario de Filosofía. Barcelona: Alianza Diccionarios, 1984.Zubiri, X. Naturaleza, Historia, Dios. Nuestra situación intelectual. La verdad y la ciencia. Véxase para as etimoloxías e interpretacións de sentido da verdade en hebreo, grego, latín, xermánico e indoiraní. páx. 14.

Debido a amplitude de significados, o termo non ten unha única definición na que estean de acordo a maioría dos estudosos, e as teorías sobre a verdade continúan sendo hoxe amplamente debatidas. Hai posicións diferentes acerca de cuestións como: Que é o que constitúe a verdade. Con que criterio podemos identificala e definila. Se o ser humano posúe coñecementos innatos ou só pode adquirilos. Se existen as revelacións ou a verdade pode alcanzarse tan só mediante a experiencia, o entendemento e a razón. Se a verdade é subxectiva ou obxectiva. Se a verdade é relativa ou absoluta. E até que grao poden afirmarse cada unha de ditas propiedades.

A pregunta pola verdade é e foi obxecto de debate entre teólogos, filósofos e lóxicos ao longo dos séculos, considerándose un tema concernente á alma e ao estudo dunha chamada psicoloxía racional, dentro do campo da filosofía.

Na actualidade é un tema de investigación científica, así como de fundamentación filosófica:Tema de investigación transversal

A investigación científica da función cognitivaComezando desde a física até a neuroloxía, pasando polo evolucionismo, a xenética, a bioloxía, a etoloxía, a psicoloxía etc. introduce novas perspectivas acerca do coñecemento baseado na evidencia como crenza verdadeira con xustificación válida.Tal como xa definiu Platón o coñecemento como ciencia: crenzas ou opinións verdadeiras e xustificadas pola la razón. Teeteto, 201c-210b Interesa á lingüística, pois a linguaxe é expresión da propia verdade. Interesa á antropoloxía filosófica, pois parece evidente que os seres humanos prefiren a verdade á mentira, e a certeza á dúbida ou ao erro. Interesa á socioloxía, por canto o aprecio cara á verdade e a condena da mentira ou do erro varía en intensidade segundo as épocas e as culturas, pois tanto o concepto de verdade como a súa valoración non sempre é o mesmo ao longo da historia e da cultura. Interesa á ciencia en canto tal Epistemoloxía, Metodoloxía e Investigación na súa pretensión de coñecemento válido. Etc. A importancia que ten este concepto é que está arraigado no corazón de calquera suposto persoal, social e cultural. De aí a súa complexidade.

Etimoloxía En latín, a palabra usada é veritās, da cal derivan a palabra galega verdade e as súas afíns noutras linguas romances, como verdad en castelán, verità en italiano ou verité en francés. En grego, o termo usado é alétheia (αλήϑεια), cuxo significado etimolóxico é: sen veos, desvelada. Para o hebreo clásico, o termo אמןכה emuná, significa primariamente «confianza», «fidelidade». O termo hebreo אמת eméth, (relacionado directamente con אמןכה/ emunah [actualmente pronúnciase emuná]), a miúdo traducido como “verdade”, pode designar aquilo que é firme, digno de confianza, estable, fiel, un feito veraz ou establecido.

A verdade na filosofía A verdade pode ter varios significados, podemos distinguir os seguintes: Verdade como correspondencia. Trátase de acepción máis xeral e común. Pode tratarse de: correspondencia entre o que se di e a realidade coñecida. concepción semántica da verdade, defendida por Aristóteles. correspondencia entre o coñecemento e a realidade. verdade lóxica defendida polos medievais. correspondencia entre o obxecto e o coñecemento, é dicir, a intelixilidade do obxecto. Verdade ontolóxica ou verdade real. Esta concepción supón que a verdade é un transcendental, é dicir, convertible co ser: trátase do ser respecto da intelixencia; é a realidade como verdadeiro. Correspondencia entre o que se di e o pensamento, verdade moral. Correspondencia entre o noso xuízo e a idea da razón. Concepción da modernidade a partir de Descartes. Aristóteles aclara que a verdade está no pensamento ou na linguaxe, non na realidade. Pero sinala tamén que a realidade é a mediada ou criterio de verdade: algo é vermello non porque se pense ou diga que é vermello senón que se pensa ou di que é porque é realmente vermello. Verdade como alétheia ou desvelamento do ser. É común na filosofía grega e aceptada por autores cristiáns. Algo é verdadeiro cando amosa, revela e se presenta como é en realidade. Falso sería o que se mostra de modo distinto a como é. Así, unha moeda é verdadeira se amosa un valor e realmente o ten. Verdade epistemolóxica, que é a verdade en canto que concibida por un suxeito e formulada nun xuízo. Verdade como coherencia ou conformidade a unha regra ou lei. Verdade como coherencia ou non contradición. Así, dicimos que unha teoría científica ou filosófica é verdadeira se entre as súas hipóteses ou principios non hai contradicións. Verdade como o útil. Propia do pragmatismo, concíbese como verdadeiro aquilo que se demostra na práctica como eficaz.

Os portadores de verdade Cando dicimos que algo «é verdade», que tipo de entidade é ese algo? Isto é: que tipo de entidades son as portadoras de verdade? Adoitan considerarse como tales:Véxase a sección «Truth-bearers» en os feitos e as cousas as crenzas as oracións-caso as proposicións.

Cada unha coas súas vantaxes e os seus problemas. A postura adoptada a favor dunha ou outra dependerá, ás veces, de inclinacións filosóficas máis xerais:

Os que rexeitan a posibilidade dun coñecemento verdadeiro tenderán a rexeitar calquera sentido de verdade que non sexa a experiencia en si mesma e para si mesmo.Tal postura representaría o escepticismo radical, se é que este é posible, ou o empirismo extremo. Así o expresa Calicles, personaxe do Gorgias, en quen Platón combate aos sofistas. Os que rexeitan a existencia de entidades mentais tenderán a rexeitar ás crenzas como portadoras de verdade; Os que simpatizan co nominalismo tenderán a simpatizar coas oracións-caso como portadoras de verdade; Os que rexeitan a existencia de entidades abstractas tenderán a rexeitar as proposicións como portadoras de verdade.Willard Van Orman Quine, op. cit. Os que valoran a verdade moral sobre a mentira, tenden a considerar a verdade como exercicio de virtudes tales como a fidelidade, a honestidade, a sinceridade no dicir etc.; unha persoa é veraz despois de que mostra a súa autenticidade na coherencia do seu modo de existir no mundo e da súa interpretación histórica cultural.

Cando falamos de cousas, de realidades, falamos fundamentalmente de ontoloxía. E o noso criterio deberá ser a verdade ontolóxica.Sexa posible ou non acceder á verdade de o real, a pretensión do coñecemento sempre será achegarse o máis posible a iso, aínda que sexa de maneira asintótica mediante falsacións, como di Karl Popper. O noso pensamento nas súas afirmacións de verdade, de maneira implícita, sempre buscará a condición de ser en realidade.

Cando falamos de proposicións, falamos fundamentalmente de lóxica. E o noso criterio deberá ser a verdade formal.

Cando falamos de crenzas, falamos fundamentalmente de epistemoloxía e o noso criterio deberá ser a verdade lóxica e/ou semántica como verdade epistemolóxica.

Cando falamos de moralidade falamos da veracidade dunha persoa. Falamos dunha virtude moral. A verdade como tarefa dun facer individual como tamén social e histórica.

Cando falamos de oracións-caso, falamos fundamentalmente de afirmacións de crenzas expresadas por medio da linguaxe cultural e social e o noso criterio deberá incluír, ademais de todo o anterior, as normas da gramática: da sintaxe en canto ao sentido lóxico; da semántica en canto ao sentido epistemolóxico; e da pragmática en canto ao sentido antropolóxico, cultural e social e aplicación ao caso concreto.O que nos abre ao mundo das ciencias sociais, así como do comportamento humano, das tradicións etc. Véxase pragmática

A verdade cabalga entre todos estes campos do coñecemento e por medio de todas as súas posibles relacións; o que fai comprensible a enorme dificultade de definir un concepto unívoco.

Como adoita suceder cos grandes conceptos e as palabras que os expresan, todos sabemos o que son e sabemos usar os termos que os significan, con tal que non teñamos que explicalo. O concepto de verdade é neste sentido paradigmático.

Unha distinción fundamental

Cando falamos de realidade dicimos dela que é verdadeira fronte a ser aparente, ser inexistente etc.Interesante reconsideración da "verdade necesaria" (metafísica?) a posteriori no coñecemento do real en Kripke, op. cit. conferencia 3. como predicado que pretende expresar unha propiedade da realidade de referencia, como verdade ontolóxica.Ontología revisada:Padilla Gálvez, J. op. cit. p.65.Tal concepto de verdade actúa como postulado que dinamiza o progreso do coñecemento; non se trata dunha verdade recoñecida como tal de forma definitiva e eterna, dunha vez por todas. Toda verdade coñecida o é sempre referente a unha realidade en tanto que coñecida. O problema da verdade ontolóxica é a relación entre o real como tal e realidade coñecida. Quedará sempre un ámbito de realidade descoñecida (como concepto de Universo) respecto a a realidade coñecida (Mundo)? Posto que a metafísica non pode ser admitida como coñecemento científico, por estar máis aló da ciencia, é dicir, do ámbito da experiencia posible, tal verdade é hoxe en día pouco considerada e máis ben é rexeitada tal como xa estableceu de maneira definitiva Kant. Pero a consideración do coñecemento como produto dun sistema complexo e evolutivo fai posible a aceptación do coñecemento como verdade obxectiva con suficiente garantía de realidade. Como di Xavier Zubiri dos conceptos en tanto que poden ser considerados verdadeiros: "Non é concepto de realidade" senón "realidade en concepto". Zubiri. Inteligencia y logos, páx.101. Véxase Teoría causal da referencia e Designador ríxido