O gardián das palabras (en ) é un filme de animación e fantasía protagonizado por Macaulay Culkin, Christopher Lloyd, Patrick Stewart, Whoopi Goldberg, Frank Welker e Leonard Nimoy. O filme foi dirixido por Joe Johnston (na parte non animada) e por Glenn Chaika (na animación).

Sinopse

Richard Tyler, un neno de 10 anos de idade, vive obsesionado polas estatísticas e ten medo practicamente a todo. Os seus pais exasperados tentaron varias formas de darlle valentía ó seu fillo, pero teñen pouco éxito. O pai de Richard mándao mercar unha bolsa de cravos para que el poida construír unha casa na árbore. Pero Richard vese atrapado nunha treboada e refúxiase na biblioteca. Alí coñece o Sr. Dewey, un excéntrico bibliotecario que procura rapidamente un libro axeitado para Richard e dálle un carné de biblioteca. Porén Richard non quere ningún libro; só quere chamar os seus pais e volver para a casa. O Sr. Dewey indícalle ó rapaz onde hai un teléfono. Richard vaga polos corredores buscándoo, ata que dá cunha gran rotonda, cuxa bóveda está pintada con personaxes de ficción clásicos. Richard non se decata da auga que pinga dende o seu abrigo, e ó moverse cae dando coa cabeza no chan e queda inconsciente. Cando esperta, atopa as pinturas da rotonda desfacéndose, chorreando e formando unha onda de cor que o transforma a el e á biblioteca en debuxos.

Richard é abordado polo Gardián das Palabras, que o envía a unha viaxe na sección de ficción para atopar a "saída". Ó longo do camiño, Richard faise amigo de tres libros "humanizados"; Aventura, un libro pirata; Fantasía, un libro de contos de fadas; e Terror, un libro de medo. Os tres acordan axudar a Richard a atopar a saída se lles promete sacalos da biblioteca co seu carné.

Personaxes Macaulay Culkin como Richard Tyler. Christopher Lloyd como Mr. Dewey/The Pagemaster. Ed Begley, Jr. como Alan Tyler (o pai de Richard). Mel Harris como Claire Tyler (a nai de Richard). Patrick Stewart como Aventura. Whoopi Goldberg como Fantasía. Frank Welker como Terror. Leonard Nimoy como Dr. Jekyll e Mr. Hyde. George Hearn como Capitán Acab de Moby Dick. Jim Cummings como Long John Silver. Phil Hartman como Tom Morgan. Ed Gilbert como George Merry. Betty Jean Ward como The Queen of Hearts. Dorian Harewood, Richard Erdman, Fernando Escandon, e Robert Picardo como diversos piratas.

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1994 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Joe Johnston Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de 20th Century Fox Categoría:Filmes de 1994 con versión en galego