A tempada 2009-2010 da Liga Española de rugby (División de Honor de Rugby) foi a edición número 43 da máxima categoría do rugby en España. A fase regular comezou o 13 de setembro do 2009, e durante as 18 xornadas da competición enfrontou entre si ós 10 equipos que compoñen a liga, ata o 2 de maio do 2010, data na que rematou o campionato, coa vitoria final de Club de Rugby El Salvador por sétima vez na súa historia.

O CRC Madrid era o defensor do título logrado na anterior tempada. O novo equipo na categoría foi o Gernika Rugby Taldea, que ocupou o lugar do descendido Getxo Rugby Taldea.

Equipos Equipo EstadioCidadeClub de Rugby Les AbellesCampo del Río TuriaValenciaCRC MadridValle de las CañasMadridClub de Rugby El SalvadorCampos de Pepe RojoValladolidClub de Rugby CienciasLa CartujaSevillaGernika Rugby TaldeaCampo de UrbietaGernika-LunoOrdizia Rugby ElkarteaFernando TrevijanoOrdiziaClub de Rugby La VilaCampo de El PantanoLa Vila JoiosaBera Bera Rugby TaldeaMiniestadio de AnoestaDonostiaValladolid RACCampos de Pepe RojoValladolidUE SantboianaBaldiri AleuSant Boi de Llobregat

Clasificación

División de Honra — Tempada 2009/10PostoEquipoPuntosXogadosGañ.Emp.Per.BOBD 1 CR El Salvador 64 18 14 0 4 6 2 2 CR La Vila 49 18 9 2 7 4 5 3 CR Ciencias 47 18 9 1 8 4 5 4 VRAC 46 18 9 1 8 3 5 5 CRC Madrid 44 18 8 1 9 3 7 6 UE Santboiana 43 18 9 1 8 1 4 7 Ordizia RE 43 18 9 1 8 1 4 8 Gernika RT 43 18 8 0 10 8 3 9 Bera Bera RT 40 18 9 0 9 3 1 10 CR Les Abelles 14 18 2 1 15 2 2A vitoria vale 4 puntos e o empate 2. Os bonus, dun punto cada un, danse por conseguir 4 ensaios ou máis, e por perder por 7 puntos ou menos.

<<<< 2008/09 — Tempadas — 2010/11 >>>>

En azul o campión de liga (1º). En vermello equipos descendidos (5º e 10º).<noinclude>

Datos finais do campionato:

El Salvador conseguiu o campionato nacional de liga, con 64 puntos en 18 xornadas, atallando así á Santboiana no palmarés dos campións con 7 títulos. O equipo foi o líder da táboa dende a xornada 6 ata o final. O último clasificado, Les Abelles, descendeu de categoría, así como CRC Madrid, por motivos económicos, salvándose deste xeito o Bera Bera. O centro surafricano Ryan Pierre Le Roux, do La Vila, liderou a táboa de ensaiadores da liga por 2º ano, con 16 ensaios. O apertura Gareth David Griffiths, do VRAC, liderou a táboa de anotadores da liga con 223 puntos. Os equipos CAU Valencia e Club Alcobendas Rugby, da División de Honra B de Rugby|División de Honra B, conseguiron o ascenso para competir na tempada 2010-11 na División de Honra. Malia que o Bera Bera rematou a tempada en posición de descenso, o CRC tivo que renunciar á categoría por razóns económicas, chegando a un acordo co Bera Bera para intercambiar as súas prazas na División de Honra e na División de Honra B, de xeito que o equipo descendido foi o madrileño e os donostiarras mantivéronse na máxima categoría.

Véxase tamén Outros artigos Heineken Cup 2009-10

Ligazóns externas http://www.ferugby.com

Categoría:Rugby en 2010 Categoría:División de Honra de Rugby