The Imaginarium of Doctor Parnassus é un filme de fantasía dirixido por Terry Gilliam que se estreou no 2009. Christopher Plummer, Tom Waits e Heath Ledger protagonizan o filme, pero a morte de Ledger, ocorrida durante a filmación, suspendeu temporalmente a produción. Johnny Depp, Jude Law e Colin Farrell completaron o papel, personificando transformacións do personaxe de Heath, Tony, a medida que viaxa por un mundo irreal.

Sinopse No presente, o actor inmortal de mil anos de idade chamado Doctor Parnassus (Christopher Plummer) ten unha compaña teatral que lle ofrece á súa audiencia ir máis aló da realidade mediante un espello máxico. Os membros da compaña inclúen a un ilusionista experto, Anton (Andrew Garfield), e un anano, Percy (Verne Troyer); Parnassus conseguira a inmortalidade mediante un trato co Diaño (Tom Waits), quen chega a recoller o que lle pertence segundo o acordo, a filla do doutor (Lily Cole). A compaña, á cal se une un misterioso forasteiro chamado Tony (interpretado por Heath Ledger, Johnny Depp, Jude Law e Colin Farrell), embarca cara mundos paralelos para rescatar á rapaza.

Personaxes Heath Ledger como Tony, Johnny Depp, Colin Farrell e Jude Law interpretan as transformacións psicolóxicas do personaxe. Christopher Plummer como Doutor Parnassus Andrew Garfield como Anton Verne Troyer como Percy Lily Cole como Valentina Tom Waits como Mr. Nick Peter Stormare como o Presidente do Universo Maggie Steed como Louis Vuitton Woman Mark Benton como o Pai Simon Day como Tío Bob Paloma Faith como Sally Richard Riddell como Martin Montserrat Lombard como a amiga de Sally Bruce Crawford como Martin coa cara mudada

Galardóns e nomeamentos 2009: Oscar: 2 nomeamentos: mellor dirección artística e vestiario.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity Web Oficial

Categoría:Filmes de 2009 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes do Canadá Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes do Reino Unido Categoría:Filmes dirixidos por Terry Gilliam Categoría:Filmes de Lions Gate Entertainment Categoría:Filmes rodados en Londres Categoría:Filmes rodados en Vancouver Categoría:Filmes de Sony Pictures Classics