A metonimia é un tropo que consiste en nomear o todo por unha parte, unha parte por outra ou unha parte polo todo. Desde unha perspectiva diacrónica, a metonimia tivo importancia á hora de provocar cambios semánticos, de significado, nas palabras. O proceso consiste en que o significado dunha palabra pasa a ser substituído por outro contiguo a el: Exemplos

latín 'mandíbula, meixela' → boca. latín 'queixo' → meixela. latín * 'tempo primaveral' → med. 'final da primavera' → 'estío'. latín 'comida principal que se tomaba sobre as 15h.' → cea. latín 'entrada ó porto' → porto.

Cando xurdiron as marcas comerciais, normalmente con produtos exclusivos (debido a razóns de patente), na lingua comezaron a modificarse os significados dos nomes propios ata facelos xenéricos coma nos nomes comúns:

formica é calquera placa de madeira aglomerada forrada con melamina; uralita é calquera cemento asbestado; cola cao é calquera cacao en po; quinqué ou lámpada de Argand deriva do apelido de Antoine-Arnoult Quinquet, quen o popularizou"Lamp". Columbia Electronic Encyclopedia, 6th Edition (2011): 1. Academic Search Premier. Web. 5 dec. 2011. .

En "Un repoludo gaiteiro" (Cantares gallegos, de Rosalía de Castro)

Todas, todas, namoradas déranlle o seu pensamento

Déranlle o seu pensamento en realidade é unha metonimia (tómase unha parte das mulleres, un anaco imposible de dar, o pensamento, para indicar que se entregaron ó gaiteiro por enteiro a causa do amor que lle profesaban. Agora ben, o resultado final da metonimia aseméllase a un oxímoro (unión de conceptos incompatibles) e tamén pode ser un caso de ambigüidade (se se interpreta o pensamento como a flor do mesmo nome).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Figura estilística

Categoría:Retórica e figuras da lingua