Iolanda Galanes Santos, nada en Vigo o 15 de agosto de 1969, é unha filóloga, terminóloga e profesora universitaria galega.
Traxectoria Doutora en filoloxías galega e portuguesa, é unha experta en terminoloxía e tradución, colaborando en institucións como o Consello da Cultura Galega, a Escola Galega de Administración Pública, o Centro de Estudios Políticos y Constitucionales ou a Université de Laval (Québec, Canadá).
Domina os idiomas francés, galego, portugués, castelán, e inglés, sendo especialista en tradución especializada: tradución xurídica, administrativa, económica e científica.
As súas investigacións céntranse na terminoloxía, as linguas de especialidade, a planificación lingüística e a tradución literaria en Galicia.
É profesora da Facultade de Filoloxía e Tradución e Interpretación da Universidade de Vigo, e Presidenta da Sociedade Galega de Terminoloxía. Ademais foi colaboradora do diario Xornal de Galicia.Xornal de Galiciaarquivado dende o orixinal o 3 de novembro de 2010
Forma parte de equipo de traballo da Biblioteca de tradución galega.
Distincións Foi galardoada co Premio de Tradución Plácido Castro, na súa quinta edición (2005), pola súa versión ao galego de A herdanza dos caracteres adquiridos, de Michel Delson.
Obras Obras colectivas Lingua e futuro, 2010, Laiovento.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas DUVI. Diario da Universidade de Vigo. As traducións crean a demanda social de textos científicos Sociedade Galega de Terminoloxía. Día Internacional da Tradución. Intervención de Iolanda Galanes. Vídeo.
Categoría:Filólogos de Galicia Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados en Vigo Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes