Willow é un filme de fantasía dirixido por Ron Howard e producido e coescrito por George Lucas. Está protagonizado por Warwick Davis no papel de Willow.

Sinopse Conto medieval con meigas, criaturas e poderes máxicos. Nos alxubes do castelo da feiticeira e malvada raíña Bavmorda, unha prisioneira da a luz a unha nena que, segundo unha antiga profecía, porá fin ó reinado da feiticeira. A comadroa intenta salvar á meniña da ira de Bavmorda, pero, alcanzada polos cans de presa do castelo, non ten máis escolla que lanzar ó bebé nun cesto ó río. Grazas a isto, o cesto chega a un pobo de nelwyns (xente pequena), onde a nena é adoptada polo valente Willow.

Personaxes Warwick Davis como Willow Ufgood. Val Kilmer como Madmartigan. Kate e Ruth Greenfield como Elora Danan. Joanne Whalley como Sorsha. Jean Marsh como Raíña Bavmorda. Patricia Hayes como Fin Raziel. Billy Barty como High Aldwin. Pat Roach como Xeneral Kael. Gavan O'Herlihy como Airk Thaughbaer. Kevin Pollak e Rick Overton como Rool e Franjean. David J. Steinberg como Meegosh. Mark Northover como Burglekutt. Phil Fondacaro como Vohnkar. Julie Peters como Kaiya Ufgood. Tony Cox como Guerreiro Nelwyn.

Galardóns e nomeamentos 1988: 2 nomeamentos ó Oscar: mellores efectos de son, efectos visuais.

Véxase tamén Bibliografía (novelización do filme) (adaptación de banda deseñada do filme)

Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity

Categoría:Filmes de 1988 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ron Howard Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Elstree Studios Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes de Lucasfilm Categoría:Filmes de Imagine Entertainment Categoría:Filmes ambientados na Idade Media Categoría:Filmes rodados en Nova Zelandia Categoría:Filmes de 1988 con versión en galego