As Forzas Armadas do Reino Unido, coñecidas como as Forzas Armadas británicas ou Forzas Armadas da Súa Maxestade, e ás veces de forma oficial como as Forzas Armadas da Coroa, abarca unha mariña de guerra (a Mariña Real Británica), un exército (o Exército británico), e unha forza aérea (a Royal Air Force). O seu Comandante en Xefe é o monarca británico. En total as forzas armadas británicas contan con 512 630 combatentes.

Historia A historia militar británica é longa, complexa e moi influente na historia mundial, especialmente desde o século XVII. Conflitos importantes nos que os británicos tomaron parte son a Guerra dos Sete Anos e as Guerras Napoleónicas do século XVIII e principios do século XIX, a Guerra de Crimea na metade do século XIX e a primeira e segunda guerra mundial do século XX. O Imperio británico, o cal alcanzou o seu auxe nos anos 1920. Desde o final da segunda guerra mundial, as Forzas Armadas británicas seguiron estando moi activas e conservan bases que se estenden ao redor do mundo en lugares como Chipre, Alemaña, Xibraltar, Brunei e as illas Malvinas.

A estrutura actual da dirección da defensa no Reino Unido empeza en 1964 cando o moderno ministro de Defensa (MoD) foi creado (unha forma máis evolucionada da que existía desde 1940). O ministro de Defensa asume as funcións de almirante, ministro da Guerra e ministro do Aire.

Principais invasións e guerras Conflito coa Armada Invencible Guerra dos Sete Anos Guerra da Independencia dos Estados Unidos Invasións Inglesas ao Río da Prata Guerra de 1812 Guerras napoleónicas Guerra de Crimea Primeira guerra mundial Alzamento de Pascua Segunda guerra mundial Guerra de Corea Conflito de Irlanda do Norte Urxencia Malaia Invasión turca a Chipre Confrontación indonesio-malaia Operación Banner Guerra das Malvinas Guerra do Golfo Guerra de Bosnia Operación Raposo do Deserto Guerra de Kosovo Guerra de Iraq Guerra de Afganistán Operación Protector Unificado na Guerra de Libia de 2011 Guerra contra o Estado Islámico

Véxase tamén

Ligazóns externas Ministerio de Defensa británico

Categoría:Forzas armadas do Reino Unido