A dos lacertilios (Lacertilia) é unha suborde de réptiles escamosos que inclúe a maioría dos réptiles actuais, como varanos, iguanas, lagartos, lagartas, camaleóns e xecos, así como algunhas formas fósiles moi notábeis, como os mosasauros do Cretáceo superior.

Xunto coas subordes das serpentes (Serpentes) e das cobras cegas (Amphisbaenia), forma a orde dos escamosos (Squamata), que comprende case 5 000 especies.

Taxonomía Descrición A suborde foi descrita en 1867 polo zoólogo británico de orixe alemá Albert Günther.Lacertilia Günther 1867 en fossilworks.

Etimoloxía O nome científico Lacertilia está formado pola adición á raíz do nome do seu xénero tipo, Lacerta, o sufixo do latín científico -ilia, indicando plural.

Sinónimo Sauria Macartney, 1802

Variacións taxonómicas Antes denominábase saurios (Sauria) á suborde formada polos lacertilios e as serpentes, pero dado que este resultou ser parafilético, o nome Sauria aplícase agora a un clado maior de réptiles que inclúe a maioría da subclase dos diápsidos.

Clasificación A suborde comprende as infraordes seguintes: Suborde Lacertilia Infraorde Dibamia Infraorde Iguania Infraorde Scincomorpha Infraorde Diploglossa 'Infraorde Platynota'

Características Normalmente teñen catro patas, oído con apertura externa e pálpebras móbiles. O rango de lonxitudes vai duns poucos centímetros dalgúns xecos do Caribe até os cerca de tres metros do dragón de Komodo.

Algunhas especies de lacertilios, as chamadas cobras cegas (como Blanus cinereus),Conde Teira, M. A. (1996): "Acerca dos nomes dos anfibios e réptiles galegos" en Cadernos de Lingua, 13, páx. 82. Real Academia Galega. non teñen patas funcionais, a pesar de teren vestixios do esqueleto das patas. Distínguense das verdadeiras serpentes pola presenza de aberturas timpánicas e pálpebras. O seu corpo é alongado e teñen unha cola ben desenvolvida.

Os lacertilios da infraorde dos Scincomorpha a miúdo presentan cores brillantes e iridescentes que parecen húmidos. Pero como o resto dos lagartos, teñen a pel seca, preferindo xeralmente evitar a auga (aínda que todos os lagartos poden nadar se é necesario).

Todos os lacertilios poden cambiar de cor en resposta á súa contorna ou en momentos de perigo. O exemplo máis típico é o dos camaleóns, pero tamén poden suceder cambios de cor máis sutís noutras especies de lacertilios.

Algunhas especies son capaces de romper e desprender a súa cola cando se ven en perigo ou son capturados por un depredador; esta capacidade, denominada autotomía, débese á presenza de planos especiais de ruptura nas vértebras caudais. Tras a autotomía, a cola rexenérase, pero a nova cola non é idéntica á perdida; en efecto, as vértebras non poden rexenerarse e son substituídas por un tubo cartilaxinoso non segmentado.Young, J. Z. (1977): La vida de los vertebrados. Barcelona: Editorial Omega. ISBN 84-282-0206-0.

Bioloxía e ecoloxía

Os lacertilios aliméntanse xeralmente de invertebrados, como insectos ou arácnidos e, en ocasións (e dependendo da especie), de pequenos vertebrados, incluíndo a outras especies de lacertilios. Unhas poucas especies son omnívoras e poden comer plantas. Soamente un xénero é velenoso, Heloderma, que inclúe as especies Heloderma suspectum (monstro de Gila) e Heloderma horridum''. Estas especies habitan no oeste de México e o sur de Texas, e posúen dúas glándulas velenosas na mandíbula. Porén, en 2009 descubriuse que o dragón de Komodo posibelmente tamén sexa velenoso, tras o achado dun par de glándulas de veleno no seu maxilar inferior. De todos os xeitos está en discusión o efecto real que poida ter tras unha trabada.

A maioría dos lacertilios poñen ovos, aínda que as femias dunhas poucas especies retéñenos no seu interior e paren directamente as crías vivas (ovovivíparos).

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Escamosos

Ligazóns externas Types of Lizards . Fotos de varios lagartos Reptile database .

Categoría:Saurópsidos