Iman Asante Shumpert, nado o 26 de xuño de 1990 en Oak Park, Illinois, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional Shumpert foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2011 polos New York Knicks. Shumpert rematou na quinta posición na votación ó Rookie do Ano da NBA de 2012, tras facer 9.5 puntos, 3.2 rebotes e 2.8 asistencias por encontro.

O 5 de xaneiro de 2015, Shumpert foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre os Knicks, os Cavaliers e os Oklahoma City Thunder.

O 8 de febreiro de 2018, Shumpert foi traspasado ós Sacramento Kings nun traspaso entre tres equipos que incluíu tamén ós Cavaliers e ós Utah Jazz.

O 7 de febreiro de 2019, Shumpert foi traspasado xunto a Nik Stauskas, Wade Baldwin IV e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Houston Rockets, nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Brandon Knight, Marquese Chriss e dúas futuras eleccións do Draft ós Cleveland Cavaliers, e a Alec Burks e unha elección da segunda rolda do Draft de 2020 ós Sacramento Kings.

O 13 de novembro de 2019, Shumpert asinou cos Brooklyn Nets. O 12 de decembro de 2019, foi cortado polos Nets.

O 30 de xaneiro de 2021, Shumpert asinou de novo cos Brooklyn Nets, onde xogou un partido antes de ser cortado. O 26 de febreiro de 2021, asinou un contrato de dez días cos Nets.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com

Categoría:Nados en 1990 Categoría:Nados en Oak Park, Illinois‎ Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos Houston Rockets Categoría:Xogadores dos Brooklyn Nets