dereita|miniatura|300px|"A euxénese é a autodirección da evolución humana", lema do Segundo Congreso Internacional de Euxénese, en 1921, representado como unha árbore que unifica gran número de campos diferentes. A euxénese ou o euxenismo é unha filosofía social que defende a mellora dos trazos hereditarios humanos mediante varias formas de intervención.Osborn, Frederick: "Desenvolvemento dunha filosofía euxénica" ("Development of a Eugenic Philosophy") en American Sociological Review, Vol. 2, Nº 3, xuño de 1937, páxs. 389-397.

O termo foi cuñado en 1883 por Francis Galton (1822-1911), curmán de Charles Darwin e considerado como o pai da euxénese moderna, co significando de 'ben nacido' (do grego εύ, 'ben', e γένεσις, 'nacemento').Galton, Francis (1973): Inquiries into human faculty and its development. New York: AMS Press. ISBN 0-404-08127-4

Galton definiu a euxénese como o estudo dos axentes que actúan sobre o control social e que poden mellorar ou empobrecer as calidades raciais das futuras xeracións, sexa física ou mentalmente.José Roberto Goldim, Eugenia, UFRGS, 1998 Noutras palabras, o melloramento xenético.

As metas perseguidas pola euxénese variaron entre a creación de persoas máis sas e intelixentes, o aforro dos recursos da sociedade e o alivio do sufrimento humano. Os medios que se propuxeron antigamente para alcanzar estes obxectivos baseábanse na selección artificial, mentres que os modernos empregan o diagnóstico prenatal e a exploración fetal, a orientación xenética, o control de natalidade, a fecundación in vitro e a enxeñaría xenética.

A euxénese é un asunto moi controvertido, particularmente despois do xurdimento da euxénese nazi, que foi unha parte fundamental da ideoloxía da pureza racial, e que culminou no Holocausto. Pero xa desde o seu nacemento, e até os nosos días, diversos filósofos, sociólogos e científicos argumentaron que a euxénese expuña serios problemas éticos, como a discriminación de persoas segundo categorías, xa que acaba por etiquetar ás persoas como "aptas" ou "non aptas" para a reprodución.

Mesmo coa cada vez maior utilización de técnicas de melloramento xenético empregadas actualmente en plantas e animais, aínda existen cuestionamentos éticos en canto ao seu uso en seres humanos, chegando até o punto de que algúns científicos declararon que é de feito imposíbel cambiar a natureza humana.

Os seus opoñentes aducen que a euxénese é inmoral e está fundamentada en, ou é en si mesma, unha pseudociencia. Historicamente, a euxénese usouse como xustificación para discriminacións coercitivas e violacións dos dereitos humanos promovidas polo Estado, como a esterilización forzosa de persoas con defectos xenéticos, o asasinato institucional e, nalgúns casos, o xenocidio de razas consideradas inferiores.

Significados da euxénese A euxénese, desde o seu mesmo principio, significou varias cousas diferentes para moitas persoas. Historicamente, o termo usouse para designar calquera feito comprendido entre o coidado prenatal das nais até a esterilización forzosa e a eutanasia. No pasado houbo moitos debates, algúns dos cales continúan aínda na actualidade, sobre o que se considera exactamente que forma parte da euxénese.Unha discusión sobre o cambiante significado do termo pode verse en: Diane Paul, Controlling human heredity: 1865 to the present, New Jersey, Humanities Press, 1995). ISBN 1-57392-343-5

O termo euxénese úsase a miúdo para referirse a algúns movementos políticos e sociais que tiveron grande influencia a principios do século XX. Nun amplo sentido histórico, a euxénese tamén pode ser o estudo da "mellora das calidades xenéticas humanas". Algunhas veces aplícase para describir en termos xerais calquera acción humana cuxa finalidade sexa mellorar o acervo xenético. Algunhas formas de infanticidio nas sociedades antigas, a actual reproxenética, os abortos preventivos e os bebés de deseño chamáronse, non sen controversia, euxénese.

Debido ás súas finalidades normativas e á súa relación histórica co racismo científico, así como a unha visión particular no desenvolvemento da ciencia da xenética, a comunidade científica internacional desvinculouse, hoxe en día, case totalmente do termo euxénese; porén, aínda poden encontrarse, na comunidade científica, algúns defensores do que se deu en chamar a euxénese liberal.

As investigacións modernas sobre os potenciais usos da enxeñaría xenética conduciron a unha cada vez maior invocación da historia da euxénese en discusións sobre bioética, as máis das veces de forma cautelar. Algúns bioéticos suxiren que incluso os programas de euxénese non coactiva serían inherentemente pouco éticos, aínda que este punto de vista foi cuestionado por pensadores tales como Nicholas Agar.Véxase, por exemplo: Nicholas Agar, Liberal Eugenics: In Defence of Human Enhancement, Blackwell, 2004.

Os euxenistas defenden políticas específicas que (de teren éxito) levarían a unha mellora notábel do acervo xenético humano. Posto que definir as melloras que son desexábeis ou beneficiosas percíbese como unha elección cultural máis que como un asunto que poida determinarse obxectivamente (é dicir, por investigacións empíricas e científicas), a euxénese é considerada a miúdo unha pseudociencia. O aspecto máis discutido dela foi a definición de "mellora" do acervo xenético humano, por exemplo determinar o que é unha característica beneficiosa e o que é unha característica defectuosa. Este aspecto da euxénese foi contaminado historicamente polo racismo científico.

Os primeiros euxenistas estaban máis preocupados polos factores observábeis da intelixencia, que a miúdo se correlacionaban coa clase social. Moitos euxenistas inspiráronse na cría selectiva de animais (onde adoitaba traballarse daquela para lograr razas puras) como analoxía para a mellora da sociedade humana. A mestura de razas (ou miscexenación) adoitaba considerarse como algo a evitar en nome da pureza racial. Naquela época este concepto parecía ter certo apoio científico, e seguiu sendo un asunto belixerante até que o desenvolvemento avanzado da xenética levou ao consenso científico de que a división dos humanos en razas desiguais é totalmente inxustificábel. Pero algúns ven isto como un consenso ideolóxico, dado que a igualdade, o mesmo que a desigualdade, é unha elección cultural máis que un asunto que poida ser determinado obxectivamente.

A euxénese tamén se preocupou pola eliminación de enfermidades hereditarias tales como a hemofilia e a enfermidade de Huntington. Porén, hai varios problemas á hora de cualificar certos factores hereditarios como "defectos xenéticos": En moitos casos non hai consenso científico sobre o que é un "defecto xenético". A miúdo arguméntase que é máis un asunto de elección social ou individual. O que parece ser un "defecto xenético" nun contexto ou contorno pode non selo noutro. Este pode ser o caso dos xenes cunha vantaxe heterocigota, como os que provocan a anemia falciforme e a enfermidade de Tay-Sachs que, na súa forma heterocigota, poden ofrecer unha vantaxe contra, respectivamente, a malaria e a tuberculose. Moitas persoas discapacitadas ou inválidas poden ter éxito na vida. Moitas das enfermidades que os primeiros euxenistas identificaron como hereditarias (por exemplo, a pelagra) considéranse actualmente imputábeis completa ou polo menos parcialmente ás condicións medioambientais.

Parecidas preocupacións xurdiron cando o diagnóstico prenatal dunha enfermidade conxénita leva ao aborto.

As políticas euxenéticas clasifícanse conceptualmente en dúas categorías: euxénese positiva, que fomenta a maior reprodución dos designados como "máis aptos", e euxénese negativa, que desaconsella ou impide a reprodución dos designados como "menos aptos".

A euxénese negativa non necesita ser sempre coactiva. Un estado podería ofrecer recompensas económicas a certas persoas que se sometan á esterilización, aínda que algúns críticos poderían responder que tal incentivo, xunto coa presión social, podería percibirse como unha coacción. Por outra parte, a euxénese positiva tamén pode ser coactiva. O aborto en mulleres "aptas" era ilegal na Alemaña nazi.

A euxénese recibiu o apoio de destacados pensadores, incluíndo a Alexander Graham Bell, George Bernard Shaw e Winston Churchill. E foi unha disciplina académica en moitos institutos e universidades. Durante o século XX, moitos países promulgaron políticas e programas euxenéticos, incluíndo promoción de taxas de natalidade diferenciais, esterilización obrigatoria, abortos forzosos, restrición do matrimonio, exploración xenética, control da natalidade, control da inmigración, segregación (tanto racial como dos enfermos mentais) e xenocidio.

A súa reputación científica comezou a decaer nos anos 1930, época en que Ernst Rüdin comezou a incorporar a retórica euxenética ás políticas raciais da Alemaña nazi. Durante o período da posguerra gran parte do público e da comunidade científica comezaron a asociar a euxénese cos horríbeis abusos nazis, que incluíron a "hixiene racial" e o "exterminio".<ref>André Pichot, L’Eugénisme, ou les généticiens saisis par la philanthropie, éd. Hatier, col. Optiques, 1995; Histoire de la notion de gène, éd. Flammarion, col. Champs, 1999; La Société pure: de Darwin à Hitler, éd. Flammarion, col. Champs, 2001; Aux origines des théories raciales, de la Bible à Darwin, éd. Flammarion, 2008.</ref>

A maioría destas políticas foron posteriormente consideradas coactivas, restritivas ou xenocidas, e actualmente son poucas as leis que inclúen políticas explicitamente cualificadas de euxenéticas ou inequivocamente euxenéticas en esencia. Porén, aínda varios gobernos rexionais e nacionais de diversas partes do mundo mantiveron programas euxenéticos até os anos 1970. E a día de hoxe algunhas organizacións privadas axudan á xente con servizos de orientación xenética, e a reproxenética pode considerarse como unha forma de euxénese liberal non patrocinada polo estado.

Historia A selección artificial de seres humanos suxeriuse desde moi antigo, polo menos desde os tempos da Grecia antiga, onde Platón, que cría que a reprodución humana debía ser controlada polo goberno, deixou os seus puntos de vista ao respecto:

Platón propoñía que este proceso de control da reprodución polo goberno se ocultase ao público.

Outros exemplos antigos inclúen a suposta práctica dos espartanos de abandonaren aos acabados de nacer débiles fóra dos límites da cidade para que morreran.

Contrariamente a unha xeneralizada creza popular, a euxénese é inglesa, non alemá, en invención, e estadounidense, non alemá, na súa incorporación ás leis, como veremos de contado.

Teoría de Galton A versión moderna da euxénese formulouna por primeira vez Sir Francis Galton, curmán de Charles Darwin. Baseado na obra deste, A orixe das especies, onde aparece o concepto de selección natural, Galton propuxo a selección artificial para o melloramento da poboación humana segundo os criterios considerados como mellores na época. 250px|miniatura|Sir Francis Galton iniciou o desenvolvemento de ideas sobre a euxénese a partir de estatísticas sociais.

Despois da lectura de A orixe das especies, entre os anos 1860 e 1870, Galton sistematizou as súas ideas de acordo co novo coñecemento sobre a evolución do home e os animais. Interpretou a obra de Darwin no sentido de que os mecanismos da selección natural eran potencialmente frustrados pola civilización humana.