O grou eurasiático, grou, feminino grúa,grúa, 1ª acep., no Dicionario da RAG. ou grou común,Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. Grus grus, é unha especie de ave da orde dos gruiformes e familia dos grúidos, pertencente ao xénero Grus.
A beleza dos grous e as súas espectaculares danzas de apareamento fascinaron ós seres humanos dende tempos remotos. Na mitoloxía grega estaban consagrados a Apolo, Deméter e Hermes. Era símbolo da astucia e da vixilancia e era considerada a ave da boa fortuna. No imperio chinés era símbolo de sabedoría, da vida longa a idade e as relacións entre pai e fillo. Tamén é un símbolo da fortuna e a vida longa no Xapón. Na heráldica simboliza a atención e o estado de espreita continuo. É o paxaro-símbolo da Armenia.
Sistemática Descrición A especie foi descrita en 1758 por Linneo na páxina 141 da 10ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Ardea grus.Grus grus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 15 de decembro de 2021.
Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos: Ardea grus Linnaeus, 1758 (protónimo) Grus cinereus Bechstein, 1870 Grus communis Bechstein, 1870 Grus lilfordi Sharp, 1894 Megalornis grus (Linnaeus, 1758)
Subespecies Recoñécense dúas subespecies: Grus grus grus (Linnaeus, 1758) Grus grus lilfordi Sharpe, 1894
Nota taxonómica De acordo cos estudos de ADN o grou é parente próximo do grou americano (Grus americana). As especies Grus monachus, Grus nigricollis e Grus japonensis sonlle tamén próximas.Northern Prairie Wildlife Research Center: The Cranes. Status Survey and Conservation Action Plan. Evolution and Classification, Weblink:
Características miniatura|Esqueleto de grou Como tódolos representantes do xénero Grus é unha ave grande, coas patas e o pescozo longos. Miden entre 110 e 130 cm e alto e teñen unha envergadura duns 220 a uns 245 cm. Caracterízanse polo debuxo branco e negro da cabeza e o pescozo e por unha placa vermella sen plumas na cabeza. O bico e fino e en forma de cuña, duns 10 cm de longo. A plumaxe é, agás na cabeza e o colo, gris clara con diversos matices e gradacións. As aves case brancas ou moi escuras son, porén, excepcionais.
A cola é as plumas rémixes son negras. As plumas do úmero varían entre o gris e o negro e colgan nos exemplares adultos sobre da cola. Na época reprodutora a zona dos ombreiros e do lombo ten tons que van do castaño escuro ó cor da terra. Os sexos son difíciles de distinguir a simple vista, malia que os machos son algo meirandes cás femias. Os primeiros pesan entre 5 e 7 quilogramos, as segundas entre cinco e seis.
Os exemplares que acaban de empezar a voar teñen a plumaxe uniformemente castaña agrisada, coa cabeza da cor da área con tons avermellados e sen o debuxo branco e negro dos adultos. Nos exemplares dun ano aparece un debuxo pouco marcado na cabeza e o pescozo, que acaba de definirse nas aves de dous anos, que son xa practicamente idénticas ós adultos.
A muda anual das plumas máis pequenas ten lugar dende primeiros de ano ata o outono. A muda completa das aves adultas ten lugar en ciclos de tres ou catro anos.
O voo dos grous esquerda|miniatura|170px|Grous voando Cando engalan manteñen en xeral o pescozo e a cabeza estirados en forma de arco na dirección do voo durante uns segundos. Despois dalgúns pasos rápidos érguense do chan e voan co pescozo estricado. Cobren as distancias longas en voo planeado. Os grous son grandes voadores que poden percorrer sen escalas distancias de ata 2.000 quilómetros, por ben que o máis común e que fagan etapas de 10 a 100 quilómetros. As velocidades medias en voo van dos 45 ós 65 km/h, pero con ventos de cola poden acadar en certos tramos os 130 km/h.
Voz Os grous emiten varios tipos de sons, que xogan un papel importante na súa vida social. O berro típico longo e atrompetado é posible grazas á caixa de resonancia que forma o seu tubo respiratorio. Son típicos os cantos a dúo, que poden ser encetados polo machos ou femias. Nestes casos ámbolos dous exemplares apuntan co bico cara ó ceo, colocan o pescozo cara a atrás e erguen as ás. Colócanse moi preto un do outro e vanse movendo xuntos e parsimoniosamente. O canto a dúo óese en momentos de excitación nos lugares de descanso ou de reunión, habitualmente durante a época reprodutora. Amosa diferenzas individuais recoñecibles mediante unha análise de frecuencias, que permiten identificar ós individuos.
O berro de alarma é emitido por unha ou máis aves en casos de perigo e pode oírse a grandes distancias. En situacións de perda ou limitación do contacto visual lanzan un berro de contacto, que serve tamén para anunciar a inminencia da engalaxe cando van voar. Os polos emiten trilos suaves como medio de contacto, que se fan píos asubiantes e altos cando están excitados e de queixume cando piden alimento. Berros ásperos son utilizados polos pais para avisar á niñada do perigo.
Distribución e hábitat miniatura|400px|Mapa de distribución do grou. En amarelo as zonas de cría. En azul as de invernada. As liñas verdes indican as rutas migratorias As rexións de cría da especie están situadas no nordeste de Europa e o norte de Asia. Os ríos Weser e Aller marcan ó seu límite oeste, o paralelo 51 o límite sur. A perda de biótopos axeitados dende comezos do século XX empurrou entre 300 e 400 km. cara ó norte a zona de reprodución dos grous. A perda de territorios de cría é causada pola drenaxe e posta en cultivo de zonas húmidas, que xunto cos roubos de ovos, a caza e as condicións climáticas fixeron desaparece-la especie de moitas zonas. Algunhas delas están volvendo, porén, a ser ocupadas grazas ás medidas de protección.
En Europa os grous crían en Dinamarca, Noruega, Suecia , Finlandia, Polonia, República Checa, nordeste de Alemaña, os Países Bálticos, Belarús e norte de Ucraína. O sur deste pais, Xeorxia, Armenia e a ribeira norte do mar de Aral foron durante séculos o límite sur dos territorios de cría do grou. O leste de e o extremo oriente teñen poboacións pouco mestas. En Turquía e o Tíbet hai poboacións estables, pero no nordeste da China están a reducirse. Crían esporadicamente en Inglaterra, Francia, Italia e nos Países Baixos. No pasado facíano tamén en Romanía, Iugoslavia, Albania, Bulgaria e Grecia.
Os seus hábitats preferidos son zonas húmidas das terras baixas coma pantanos, zonas de vexetación anegadas e beiras de lagos. Buscan alimento en zonas de agricultura extensiva, nas beiras dos campos e nas ribeiras. Para descansar utilizan zonas chas e abertas, incluíndo campos de cultivo e prefiren durmir en zonas acuáticas de augas pouco fondas, que lles ofrecen protección fronte ós inimigos.
Emigración En inverno diríxense cara ó sur seguindo varias rutas, estudadas xa dende o século XIX. Os exemplares suecos, noruegueses e se cadra os do norte de Finlandia, viaxan seguindo a dirección norte-sur a través de Suecia. A partida faise, en xeral, entre agosto e outubro. A mediados de agosto empezan a chegar ás costas alemás entre os ríos Oder e o Dars. Outros exemplares cruzan Polonia e Estonia. A migración dende Alemaña segue maioritariamente en dirección ata Francia, onde algúns pasan o inverno. Atravesan Francia en diagonal para chegaren ata ó sur de España onde acaba a viaxe de máis das aves, por ben que algunhas continúan ata o norte de África. O voo de regreso comeza a finais de xaneiro e acada o seu punto máximo a finais de febreiro e primeiros de marzo.O número de exemplares que seguen a ruta do oeste de Europa pasou dos 40.000 de primeiros dos anos 1980 a uns 150.000 no 2001..
As poboacións bálticas, belarusas, do oeste de Ucraína, o leste de Polonia , xunta coas finesas e as do noroeste de Rusia viaxan sobre as chairas húngaras para despois dividírense en dous grupos: un occidental (unhas 20.000 aves) que, despois de sobrevoar os Balcáns e o Adriático chega por Sicilia ata Tunicia, e outro oriental (uns 50.000 exemplares) de traxectoria pouco coñecida, e do que algúns exemplares parece que invernan en Israel e o resto continúa ata o leste de África..
Outros grupos parten de Rusia, Belarús, norte de Ucraína, Siberia e Kazakhstán e seguen rutas diversas en direccións sur, sueste e suroeste. Unha delas atravesa Rusia e outra cruza o Volga e o Irán. Máis ó leste outra cruza a Asia central cara Paquistán e a India. Outros exemplares cruzan Mongolia para chegaren o centro e sueste da China e outra acada o sueste deste país cruzándoo máis ó leste. Bandos pequenos pasan o inverno en Corea e no Vietnam.
Alimentación miniatura|280px|Grou buscando comida. Os grous comen alimentos de orixe vexetal e animal, incluíndo pequenos mamíferos, réptiles, peixes, anfibios, caracois, vermes, e insectos, sementes de cereais e xirasois, leguminosas, bagas, landras, verduras, raíces e patacas.
Durante os primeiros meses do ano comen principalmente sementes, precisando ata 300 gramos de comida diarios para encher as reservas de enerxía consumidas despois da emigración. Durante os inicios do verán predominan na súa dieta os invertebrados. Cando os polos teñen xa varias semanas comezan a recibir tamén animais meirandes, coma ratos. Durante a última parte do inverno e o outono os grous pasan entre o 40 e o 60 por cento do seu tempo buscando alimento, que nesta época está formado basicamente polas novas sementes e insectos.
Reprodución miniatura|280px|Ovo de Grus grus Normalmente forman parellas que duran moitos anos, se cadra toda a vida, aínda que novos estudos J. A. Alonso, J. C. Alonso: Colour marking of Common Cranes in Europe: first results from the European data base. Vogelwelt 120: 295-300, 1999, amosan que os cambios de parella son posibles. Reprodúcense por primeira vez cando teñen entre tres e cinco anos, pero pódense unir a unha parella cando teñen só dous, malia non estar claro se estas parellas continuaran cando empecen a reproducirse.
O territorio de cría As parellas ocupan simultaneamente en cada rexión un territorio, que, ademais dunha cantidade dabondo de alimento, debe ofrecer seguridade e tranquilidade. Os territorios son meirandes se a oferta de comida é escasa, e algunhas investigacións amosan que poden ter máis de 135 hectáreas. Fan os niños no chan, situados en zonas húmidas, a miúdo pantanosas, no centro do territorio. En zonas reducidas non lles é posible agachar o niño detrás dalgún tipo de protección. A zona acuática escollida para a construción pode ser menor dunha hectárea o de ata 10; o fundamental é que a profundidade da auga estea entre os 30 e os 60 cm. Tamén é importante que dispoña dunha voa vista dos arredores. En casos de secas ou baixo nivel de auga, ocupan o territorio pero non fan o niño. Utilizan canas, xuncos e plantas de ribeira, que transportan camiñando ata o niño. Este pode ter máis dun metro de diámetro, e adoita estar entre dez e vinte centímetros por riba da tona da auga. Os danos causados durante a incubación e a cría son reparados continuamente.
Cortexo e emparellamento As danzas dos grous poden verse todo o ano, pero practícanas con moita máis intensidade na época de cría, como parte do ritual de cortexo. Teñen lugar habitualmente ó amencer en zonas chas e despexadas. As danzas vanse facendo máis repetidas segundo avanza o mes de marzo e alcanzan o seu punto máximo co aparellamento. Adoitan acabar cando empeza a construción do niño e a posta. Durante a danza macho e femia corren en círculos coas ás abertas e facendo soar o seu berro de trompeta. O ritual inclúe ademais, carreiras curvas e en liña recta, xenuflexións, pulos e lanzamentos ó aire de anacos de plantas. A femia incita o macho a copular erguendo a parte superior do corpo, deixando cae-las ás e con arrulos. Á cópula seguen cantos a dúo e unha fase de limpeza das plumas. Os dúos seguen a oírse durante a cría e mesmo máis tarde como sinal de cohesión da parella.