Julio Andrés Pardo Pereira, nado na Coruña o 12 de marzo de 1952, é un exfutbolista galego. Xogaba de defensa.
Traxectoria Na tempada 1973–74 debutou co Deportivo da Coruña en Segunda División, participando tan só en 4 partidos, e descendendo a Terceira División ao final do campionato.
Na tempada 1975–76 foi un habitual na defensa coruñesa, xunto con Antonio Benlloch e Manuel Gallego, no retorno á categoría de prata do fútbol español. Ese ano participou en 30 partidos.
Na tempada 1978–79 perdeu notoridade, estando a defensa titular formada por Richard Moar, Ramón Piña, Carlos Ballesta e Gallego. Esa campaña xogou 5 partidos, e na seguinte 9, descendendo a Segunda División B.
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en bdfutbol.com
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Futbolistas da Coruña Categoría:Defensas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo da Coruña