miniatura|dereita|240px|Cultivo de Nori no Xapón miniatura|dereita|240px|Rolos maki sushi

Nori (do xaponés: 海苔, nori; en chinés: 海苔, hǎidài; en coreano 김, kim ou gim), é unha especie de folla feita a partir de algas mariñas do xénero Porphyra (Toucas), amplamente utilizada en pratos da cociña xaponesaBárbara, I.; Cremades, J. (1993). Guía de las algas del litoral gallego. A Coruña: Concello da Coruña - Casa das Ciencias. . É xeralmente de cor verdosa ou avermellada, dependendo da especie de alga empregada na fabricación. No Xapón adoita ser de cor verde.

Historia A palabra xaponesa nori na súa orixe quería dicir alga. Pero co tempo pasou a designar o produto comestible elaborado con ela. É unha das tres algas máis consumidas como alimento no mundo, xunto coa kombu e a wakame.Fernández Saa, C. (2002) Algas de Galicia. Alimento y Salud. Redondela: Algamar. ISBN 84-607-4503-1. .

Unha das descricións máis antigas do nori aparece no código Taihō, no século VIII. No século X é citada como comida común, no anónimo Utsubo Monogatari (Conto da árbore oca). Neses tempos tomábase en forma de pasta, as follas foron inventadas en Edo (actual Tokyo) no período Edo (séculos XVIII a XIX), seguindo o método xaponés de facer papel.

En Occidente comezou o seu consumo no século XX a través dos restaurantes asiáticos, e recibiu un impulso co espallamento mundial da dieta macrobiótica.

Produción xaponesa No Xapón cultívanse as algas Porphyra para nori desde o século XV, e actualmente a práctica totalidade da produción procede de cultivos mariños. Malia teren unha bioloxía complexa, o ciclo de vida destas algas é actualmente coñecido por completoDiagrama do ciclo de vida da Porphyra Cultivo de Nori no Xapón , e o seu cultivo é unha forma avanzada de agricultura. Adícanse a esta actividade unhas 35.000 persoas, principalmente pequenas familias cooperativistas.

Na alimentación

Úsase como ingrediente ou compaña dos pratos onigiri e suxi, moi populares no país nipón. As láminas de nori son usadas para enrolar arroz e verduras e preparar así os rolos maki (maki sushi). Úsase tamén esfarelado, ou cortado en pequenas tiras para mesturar ou empoar por encima da comida.

É un dos regalos preferidos no aninovo, acadando nesas datas o nº 1 de vendas dos principais supermercados de Tokyo.

Observouse que os xaponeses poden dixerir os polisacáridos das algas, algo non normal nos humanos, debido á súa longa historia de consumo de Nori.Transferencia de enzimas activas cos hidratos de carbono, das bacterias mariñas á microbiota dixestiva dos xaponeses (en inglés)

O Nori é rico en proteínas, calcio, ferro, vitaminas A, B e C.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Fernández Saa, C. (2002) Algas de Galicia. Alimento y Salud. Redondela: Algamar. ISBN 84-607-4503-1. Bárbara, I.; Cremades, J. (1993). Guía de las algas del litoral gallego. A Coruña: Concello da Coruña - Casa das Ciencias. Outros artigos Algas. Algas vermellas. Algas comestibles. Touca (alga). Ligazóns externas Marutokunori, produtor xaponés de nori .

Categoría:Algas Categoría:Gastronomía do Xapón Categoría:Suxi Categoría:Algas comestibles