Montouto é un lugar da parroquia do Padrón, no concello da Fonsagrada, na comarca da Fonsagrada. Segundo o IGE a súa poboación no ano 2010 era de 14 persoas (8 homes e 6 mulleres).

Historia Ao lado de Montouto asentábase o Real Hospital de Santiago de Montouto (hoxe derruído salvo un pequeno lenzo entre un piñeiral) fundado por Pedro I en 1360. Foi o máis importante hospital de alta montaña de Galicia. Foi trasladado en 1698 a outra localización moi preto, dando lugar ao Novo Hospital de Santiago de Montouto, que estivo en funcionamento ata mediados do século XX, e que se conserva aínda en ruínas; ao lado existe unha capela de nova construción onde se celebra anualmente unha romaría.

Lugares e parroquias Lugares do Padrón

Parroquias da Fonsagrada

Categoría:Lugares da Fonsagrada