O Renacemento do século XII (tamén chamado revolución do século XII) é un período no que ocorreron unha serie de cambios económicos, sociais, políticos, ideolóxicos e culturais en Europa durante o século XII, posto en evidencia polos traballos dos historiadores Charles H. Haskins, Jacques Le Goff ou mesmo Jacques Verger.
Estimulado por un contexto de prosperidade inédito desde o comezo da Idade Media, nos planos demográfico e económico, pero tamén por un período de renacemento político e pola reforma gregoriana, a cristiandade viu unha profunda mutación da súas estruturas culturais. O mundo monástico céntrase na función meditativa, o que aproveitan as escolas urbanas que floreceron nas grandes cidades, comezando por París, sobre todo grazas á abadía de San Vítor, pero tamén en Chartres ou en Boloña. As disciplinas intelectuais son así dinamizadas e nutridas polo impulso das traducións latinas do século XII, desde o grego e o árabe en España e en Italia, que difunden de novo textos de Aristóteles, e os dos seus comentaristas musulmáns. De aí xorde un gusto novo polas disciplinas científicas, pola dialéctica, o nacemento da teoloxía dogmática e da escolástica, e aínda da recuperación do dereito romano e da medicina nas rexións mediterráneas.
Século da aparición dunha verdadeira clase de "intelectuais", en palabras de Jacques Le Goff, como Pedro Abelardo, coñecido polos seus amores con Heloísa e pola virulencia do seu conflito con San Bernaldo, ou como Jean de Salisbury ou Pedro Lombardo; século dun novo humanismo baseado na renovación da cultura antiga seguindo o adaxio de Bernaldo de Chartres ("ananos nas costas de xigantes"); século de eclosión dunha cultura de corte e da literatura cortesá, o século XII prepara a madureza cultural do século seguinte, que se revelará no cadro das universidades medievais.
Tales cambios tendían a cuestionar a vella orde agraria e rural do feudalismo como consecuencia da irrupción dun novo axente económico e social: a burguesía mercantil e artesanal das rexurdintes cidades. Incluía unha revitalización intelectual de Europa con fortes raíces filosóficas e científicas, que iniciaron o camiño aos posteriores logros literarios e artísticos da Idade Media final e dos inicios da Idade Moderna: o Humanismo e o Renacemento dos séculos XV e XVI (ou Renacemento propiamente dito) e a revolución científica do século XVI. miniatura|160px|Charles H. Haskins, a quen se debe a noción de renacemento do século XII.
Historiografía
Discútese a data precisa en que ditos cambios comezaron, xa que algúns historiadores fanos remontar até finais do século X pero, en xeral, todos están de acordo en que fixeron masa crítica e cambiaron a sociedade europea no século XII.
Por motivos pedagóxicos pódese situar dito período de cambios entre dous fitos históricos como, por exemplo, a Primeira Cruzada (1099) e a Batalla de Legnano (1176), momento no que se consolidaron as comunas no norte de Italia, aparecendo un novo axente político que disputaba o espazo político tanto aos poderes universais (pontificado e Imperio) como ás monarquías feudais.
A aplicación do concepto historiográfico de "renacemento do século XII" atribúese xeralmente ao medievalista estadounidense Charles H. Haskins, aínda que algúns autores do século XIX utilizaran esta fórmula sen afondar nela Especialmente Jean-Jacques Ampère, ou o abade Clerval Les Écoles de Chartres au Moyen Âge, du siècle XIIe au siècle XVIe, Paris, 1895: "se lles debe [aos mastres chartrianos] atribuír o renacemento do século XII" (citado por Jacques Verger, La Renaissance du XIIe siècle, Paris, Le Cerf, col. "Initiations au Moyen Âge", 1999, ISBN 2-204-05454-2), e a noción de renacemento fora xa empregada para cualificar outros períodos da Idade Media.Por Erna Patzelt en 1924 para o "renacemento carolinxio", e por Hans Naumann en 1927 para o "renacemento otoniano". Pero en 1927 aparece un libro que se converteu nun clásico, The Renaissance of the Twelfth Century.Haskins, Charles Homer (1927): The Renaissance of the Twelfth Century. Cambridge, Mass.: Harvard University Press. A vía adoptada é resoltamente innovadora: contraria por exemplo á de Jacob Burckhardt,Die Kultur der Renaissance in Italien. Eine Versuch, Bâle, 1860 que intenta mostrar que o Renacemento do século XVI ten raíces nos séculos precedentes, Haskins intenta poñer en evidencia unha renovación cultural distinta e autónoma, comparando o seu desenvolvemento subliñando certos aspectos comúns (redescubrimento de textos da Antigüidade clásica, e desenvolvendo unha actividade intelectual senón laica, en todo caso menos controlada pola Igrexa.Haskins, Charles Homer, Op. cit., páx. 12
Charles H. Haskins foi, en efecto, o primeiro historiador en utilizar extensamente o concepto, o dun renacemento que xurdiu en plena Idade Media, comezando en torno a 1070. En 1927, Haskins escribía que:
O éxito do libro de Haskins popularizou a noción de "renacemento do século XII", co seu uso notábel no mundo escolar por tres dominicos canadenses, Gérard Paré, Adrien Brunet e Pierre Tremblay, autores de La Renaissance du sièce XIIe: les écoles et l'enseignement, obra aparecida en 1933.Gérard Paré, Adrien Brunet e Pierre Tremblay, La Renaissance du siècle XIIe: des écoles et l'enseignement, Marie-Dominique Chenu (dir.), Paris-Ottawa, 1933. Despois da segunda guerra mundial emitíronse diversas contestacións en razón das moitas diferenzas fundamentais entre o século XII e o XVI; os homes do primeiro non tiveron, como os do segundo, a consciencia dunha renovación despois de séculos de escuridade.Véxase especialmente William A. Nitze, "The So-called Twelfth Century-Renaissance", Speculum 23 (1948), páxs. 464-471; Eva M. Sanford, "The Twelfth Century. Renaissance or Proto-Renaissance?", Speculum, 26 (1951), páxs. 635-642; Urban T. Holmes Jr., "The Idea of a Twelfth-Century Renaissance", Speculum, 26 (1951), páxs. 643-651; Erwin Panofsky, Renaissance and Renascences in Western Art, Stockholm, 1960. As fontes da época acreditaban por outra parte esta interpretación, os autores do século XII reclámanse dunha renovatio (renovación) ou dunha reformatio ou restauratio (reforma), é dicir, dunha volta a un progreso momentaneamente impedido, máis que dun "renacemento" ou dunha ruptura.Haskins, Charles Homer, Op. cit., páx. 14. O concepto de renacemento do século XII entrou nos hábitos e, lonxe de ser abandonado, é frecuentemente utilizado,Véxase especialmente Charles Warren Hollister, The Twelft-Century Renaissance, John Wiley and Sons, New York, 1969; Christopher Brooke, The Twelfth Century Renaissance, Thames and Hudson, Londres, 1969; Peter Weimar (ed.), Die Renaissance der Wissenschaften im 12. Jahrhundert, Artemis Verlag, Zurich, 1981 e ademais aplicado a outros diversos períodos medievais.
Cambios históricos na Europa do século XII
Cambios políticos
Dous importantes procesos políticos se desenvolveron en Europa durante este período. Por unha parte, o sistema feudal europeo estendeuse considerabelmente en terras emprazadas até entón fóra del e, por outra, comezou o proceso de centralización que foi trasformando lentamente as monarquías feudais en monarquías autoritarias, e que terminou por dar orixe ás nacións-estado, xa na Idade Moderna.
Expansión na Península Ibérica Durante este período a crise e posterior desintegración do Califato de Córdoba, no ano 1031, deulle unha grande oportunidade aos reinos cristiáns para atacar os reinos musulmáns (as taifas). Os personaxes máis importantes deste ciclo guerreiro foron o monarca Afonso VI de Castela e Rodrigo Díaz de Vivar, máis coñecido como El Cid Campeador. Esta expansión viuse freada durante un tempo despois da invasión dos almorábides, aínda que se chegou a un novo punto de equilibrio, favorábel aos reinos cristiáns, despois da Batalla das Navas de Tolosa, en 1212. miniatura|200px|O reino de Sicilia á morte do seu fundador Roxer II. Expansión en ItaliaDurante a segunda metade do século XI, invasores normandos arrebataran todo o sur de Italia aos bizantinos. Durante a primeira metade do século XII, o rei normando Roxer II de Sicilia transformouse nun dos máis poderosos monarcas de Europa. O reino de Sicilia, fundado por Roxer, foi durante todo este tempo o máis próspero e desenvolvido de Europa, grazas a unha política de tolerancia relixiosa que permitiu asimilar a cultura superior de árabes e bizantinos. Todo iso a pesar de que durante a conquista normanda de Sicilia comezou a introducirse o catolicismo e, por tanto, o poder da Igrexa Católica en ditas terras foi en aumento. Expansión nas illas BritánicasOs normandos tamén invadiron Inglaterra en 1066. Guillerme o Conquistador sentou as bases do poderío inglés, que os seus sucesores aproveitaron para realizaren novas incursións contra Irlanda e Escocia. Expansión en Escandinavia O produto da pillaxe e saqueo dos viquingos levou á introdución da economía occidental no mar Báltico. O príncipe alemán Henrique o León, vasalo de Frederico Barbarroxa, conquistou as terras entre Brandeburgo e o río Oder aos vendos, fundando Berlín entre outras cidades, e abrindo o camiño a novos señores feudais. Expansión en Europa OrientalO reino de Polonia foi fundado no século X e nas centurias seguintes iniciou unha dura presión militar cara ao leste, en terras de ninguén ocupadas por tribos de pagáns como, por exemplo, Lituania. O labor combinado dos polacos e dos Cabaleiros Teutónicos conseguiu gañar todo o treito entre Occidente e os reinos rusos, en particular Nóvgorod e Moscova. miniatura|300px|O Occidente e as súas dependencias orientais en 1142. Expansión no Próximo OrienteNo ano 1100, a Primeira Cruzada conseguiu conquistar Xerusalén, fundando unha serie de reinos cristiáns en Terra Santa. Estes reinos sobreviviron con grandes dificultades, divididos polas súas propias loitas domésticas, até que a irrupción de Saladino, a finais do século XII, terminou por borrar case todo rastro deles. Aínda que quedaron algunhas fortalezas cristiás que non caerían senón até finais do século XIII, o certo é que o dominio cristián en ditas terras pode darse por completamente terminado despois do pacto entre Ricardo Corazón de León e Saladino, despois da fracasada Terceira Cruzada.
Consolidación interna dos reinos Reinos hispánicos Como produto da Reconquista, os reinos hispánicos foron crecendo en poderío. En dita época queda plenamente de manifesto que o futuro pertence a Castela e a Aragón, que levan a parte do león nas conquistas contra os musulmáns. miniatura|250px|Francia en 1180. En azul as posesións directas do rei. miniatura|dereita|250px|Conquistas durante o reinado de Filipe Augusto. En azul, dominios do rei; en vermello, dominios do rei de Inglaterra.) InglaterraGuillerme o Conquistador comezara xa un certo labor de centralización administrativa. Porén, os seus sucesores tiveron que enfrontarse cunha turbulenta nobreza feudal, incluíndo algunhas guerras civís. En resposta, o rei Henrique II de Inglaterra introduciu unha serie de innovacións administrativas que permitiron o desenvolvemento da industria e o comercio, creando unha clase burguesa mercantil na cidade de Londres. Aínda que o seu fillo Xoán Sen Terra tivo que ceder ante a nobreza e asinar a Carta Magna en 1214, o certo é que o proceso de consolidación da monarquía sobre os nobres xa non tiña volta, e o réxime pactado en dito documento non era senón un delicado sistema de equilibrios entre a monarquía e os baróns feudais.