Āryabhaṭa II, nado contra o 920 e finado contra o 1000, foi un matemático e astrónomo indio, autor do Maha-Siddhanta. O numeral II emprégase para distinguilo do máis antigo e máis influente Aryabhata (ou Āryabhaṭa I).

O Mahasidhanta A máis famosa obra de Aryabhatta II foi o Mahasiddhanta, tratado en dezaoito capítulos escrito en verso, en sánscrito. O doce primeiros capítulos tratan asuntos relacionados cos coñecementos matemáticos e astronómicos indios até o período no que foi escrito, como as lonxitudes dos planetas, as eclipses lunares e solares, a precisión das eclipses, as fases da Lúa, as saídas e ocasos dos planetas, e a asociación dos planetas entre eles e coas estrelas.

Os seguintes seis capítulos inclúen temas de xeometría, xeografía e álxebra, aplicados para o cálculo das lonxitudes dos planetas. Nuns vinte versos dá regras elaboradas para resolver a ecuación indeterminada by = ax + c. Estas regras aplícanse diferentes caso como cando c ten valor positivo, ou cando c é negativo, cando é enteiro, e cando é fraccionario etc.

Outras contribucións ás Matemáticas Aryabhata II tamén describiu un método para calcular a raíz cúbica dun número; método que xa propuxera Aryabhata I moitos anos antes. Os matemáticos indios tiñan correctas táboas de senos que xogaban un importante papel para calcular as posicións dos planetas o máis aproximadamente posíbel. Aryabhatta II xogou un vital papel na construción de táboas de senos, que proporcionaban até cinco decimais.

Véxase tamén

Ligazóns externas MacTutor. Univ. of St. Andrew. Biografía de Aryabhata II Thomas Hockey et al. (2007): Vagiswari, A. Āryabhaṭa II The Biographical Encyclopedia of Astronomers. Nova York: Springer. Aryabhata II (versión PDF)

Categoría:Matemáticos da India Categoría:Astrónomos da India