A selección de fútbol do Uruguai é o equipo representativo do Uruguai en diferentes competicións internacionais de fútbol. Está xestionada pola Asociación Uruguaia de Fútbol, membro da Conmebol (Confederación Suramericana de Fútbol), sendo o país máis pequeno asociado a ela. A selección ocupa actualmente o quinto posto na clasificación mundial da FIFA.
O equipo ao longo da súa historia gañou até en dúas ocasión a Copa do Mundo de Fútbol de FIFA, icluíndo a súa primeira edición na que foron o equipo anfitrión e tras vencer a por 4 a 2 na final. Vinte anos despois La Celeste (alcume da seleeción, do castelán: A Celeste) no mundial do Brasil 1950, conseguiu de novo o título tras vencer á favorita, o Brasil, por 2-1 na final, nun episodio que se coñece como o Maracanazo. Ademais de dous títulos mundiais os uruguaios tamén acadaron a vitoria nos torneos de fútbol dos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928, celebrados antes da creación dos mundiais. Así pois, en total a selección ten gañado ao longo da súa historia dezanove títulos oficiais (rexistro compartido coa ): 2 Copa do Mundo de Fútbol, 2 Xogos Olímpicos, 14 Copa América e o Mundialito.
Historia O Uruguai é un dos equipos máis exitosos do mundo, xa que conquistou dezanove competicións oficiais, xa sexan recoñecidas pola FIFA ou por outras Confederacións. Trátase de dúas edicións da Copa Mundial de Fútbol, dúas edicións dos Xogos Olímpicos, unha Copa de Ouro de Campións Mundiais, tamén chamada Mundialito, e catorce edicións da Copa América. Historicamente o fútbol foi un elemento fundamental no que refire ao afianzamento da nacionalidade uruguaia e á proxección internacional da imaxe do Uruguai como país, nos comezos do século XX.
Foi ademais a primeira selección, xunto á da , en xogar un partido internacional fóra das Illas Británicas, concretamente o 16 de maio de 1901 en Montevideo, con triunfo arxentino por 3 a 2. Un antecedente indica que habería outro partido anterior, aínda que non coas seleccións de cada país, senón con seleccións de cada capital, Bos Aires e Montevideo, o 15 de agosto de 1889, onde dous equipos representativos das capitais de ámbolos países enfrontáronse en conmemoración do setenta aniversario da raíña Vitoria de Inglaterra. Supostamente o partido tivo lugar no chamado New Ground de La Blanqueada e terminou co triunfo do conxunto arxentino por 3 a 0.
O alcume da selección, "La Celeste" (do castelán: A Celeste), provén da primeira vitoria internacional do equipo o 15 de agosto de 1910 por 3 a 1, sendo este xustamente o primeiro partido no que empregou a súa camiseta celeste, adoptada como emblema nacional en recoñecemento ao triunfo que pouco antes conseguira o River Plate uruguaio ante o poderoso Alumni arxentino por 2 a 1 con eses mesmas cores. Posteriormente, a selección uruguaia sería a primeira campioa do continente derrotando aos arxentinos na final da Copa América 1916, disputada na cidade de Bos Aires.
A nivel mundial, o Uruguai comezou a brillar de xeito temperán cando alcanzou as medallas douradas nos Xogos Olímpicos de París 1924 e Ámsterdan 1928. A Selección uruguaia cegou en Europa coas súas presentacións olímpicas e gañouse a admiración e o respecto do universo deportivo, colocando ao fútbol suramericano no máis alto plano de consideración nunha época en que devandito continente era aínda ignorado no mapa internacional do fútbol.Centenario da AUF: 100 anos de gloria Durante 76 anos, o Uruguai foi o único país suramericano en ocupar o máximo sitial olímpico, honra actualmente compartida coa que dende Atenas 2004 é medalla de ouro, repetindo o logro nos últimos xogos de Pequín 2008. A diferenza é que desde 1930 os títulos olímpicos do fútbol non valen un campionato do Mundo como aqueles. Por iso, o Uruguai recoñécese a si mesmo como tetra-campión do Mundo, e de aí o mantén as catro estrelas no escudo da súa camiseta.
O Uruguai, como Bicampión olímpico, foi elixido para celebrar a primeira Copa Mundial de Fútbol de 1930. Neste torneo, derrotou novamente á , por 4-2, alzándose como o primeiro gañador da Copa do Mundo neste deporte. En 1950, o Uruguai confirmou a súa estirpe triunfal derrotando ó Brasil na final da Copa Mundial de Fútbol de 1950. Este evento mítico é coñecido mundialmente como o Maracanazo, un logro deportivo histórico e un dos momentos máis dramáticos e inesquecibles da historia do fútbol. Anos despois, "La Celeste" volveu estar en semifinais dun Mundial de en 1954 e 1970 mais sen a mesma sorte.
A partir de entón, aínda que a nivel continental o fútbol uruguaio seguiu conquistando títulos até mediados dos anos noventa, a nivel Mundial a selección uruguaia non volveu a acadar os resultados de antaño, aínda que en 2010 volveu a acadar as semininais dun mundial, rematando finalmente no cuarto posto. Así e todo, en 1980, o equipo uruguaio consagrouse campión do único e máximo torneo oficial até o momento, a Copa de Ouro de Campións Mundiais, mellor coñecida como Mundialito, torneo organizado pola FIFA que reuniu a todos os Campións do Mundo, fóra de , que se negou a participar, substituída polos , para celebrar o cincuentenario da primeira edición dos campionatos mundiais, que se desenvolveu no Uruguai en 1930. A selección do Uruguai destacouse futbolisticamente tanto a nivel mundial como a nivel continental, compartindo coa Arxentina o primeiro lugar en cantidade de Copas América, ambos con 14, seguidos polo Brasil, con 8. É un dos equipos con máis trofeos do fútbol mundial, o que é aínda máis destacable nun país cunha poboación que apenas supera o tres millóns de habitantes.
Uniforme Local Desde o primeiro partido internacional, en 1901, até 1910, o Uruguai non tivo un uniforme oficial. O primeiro partido xogouno co uniforme do club montevideano Albion FC. Durante ese tempo "experimentou" cunha gran cantidade de uniformes, ata que en 1910, con motivo de disputarse VI Copa Lipton fronte á selección de fútbol da Arxentina, esta comunicou oficialmente que adoptara o uniforme celeste e branco. Ante isto o delegado do Montevideo Wanderers, Ricardo Le Bas, propuxo que o Uruguai adoptase así mesmo un uniforme oficial, pero quen fixo súa a moción foi Héctor Rivadavia Gómez, quen naquela época era o diregente da liga Uruguaia de Football. Por ese entón o River Plate FC de Montevideo, tras obter por segunda vez o Campionato Uruguaio de Fútbol, venceu ao equipo porteño Alumni, xogando co seu uniforme alternativo de cor celeste. Debido a este logro, a selección uruguaia adquiriu esa cor para o seu uniforme
+IndumentariaPeríodoProvedor1978-1984Adidas1984-1987 Le Coq Sportif1987-1991 Puma1992-1998 NR1998-2004FUF2004-2006 Uhlsport2007-2026 Puma
Visitante A camiseta de alternativa de cor vermella foi utilizada por primeira vez durante o Campionato Suramericano de 1935, tamén coñecido como o Suramericano de Santa Beatriz. O último partido do devandito torneo foi disputado o 27 de xaneiro de 1935 entre a , que xogou con camiseta de cor branca; e o Uruguai, con camiseta vermella. Os charrúas lograron a vitoria por 3 a 0 e o título suramericano. A camiseta de alternativa vermella foi adoptada formalmente en 1991.
Anterior a 1991 no mundial de 1970 contra Italia por exemplo, utilizouse unha camiseta de alternativa cor branca. Esta utilizouse tamén no mundial de México 1986, na Copa América 1987, na Copa América 1989, no mundial de Italia 1990 e no mundial de Suráfrica 2010 na vitoria por 3 tantos contra 0 ante o país organizador durante a fase de grupos.
Resultados
Copa Mundial de Fútbol Ano Fase Posición PX PG PE PP GF GC Uruguai 1930 Campión 1° 4 4 0 0 15 3 border|20px|Italia Italia 1934 Francia 1938 border|20px|Brasil Brasil 1950 Campión 1° 4 3 1 0 15 5 Suíza 1954 Semifinais 4° 5 3 0 2 16 9 Suecia 1958 Chile 1962 Primeira fase 12° 3 1 0 2 4 6 Inglaterra 1966 Cuartos de final 7° 4 1 2 1 2 5 México 1970 Semifinais 4° 6 2 1 3 4 5 Alemaña 1974 Primeira fase 13° 3 0 1 2 1 6 Arxentina 1978 España 1982 México 1986 Oitavos de final 16° 4 0 2 2 2 8 Italia 1990 Oitavos de final 16° 4 1 1 2 2 5 Estados Unidos 1994 Francia 1998 Corea/Xapón 2002 Primeira fase 26° 3 0 2 1 4 5 Alemaña 2006 Suráfrica 2010 Semifinais 4° 7 3 2 2 11 8 Brasil 2014Oitavos de final 12° 4 2 0 2 4 6 Rusia 2018Cuartos de final 5° 5 4 0 1 7 3 Total - 9°461812177665
Copa América Copa América1916 15px Campión1917 15px Campión1919 Final - 2º lugar1920 15px Campión1921 3º lugar1922 3º lugar1923 15px Campión1924 15px Campión1925 Retirouse1926 15px Campión1927 Final - 2º lugar1929 3º lugar 1935 15px Campión1937 4º lugar1939 Final - 2º lugar1941 Final - 2º lugar1942 15px Campión1945 4º lugar1946 4º lugar 1947 3º lugar1949 6º lugar1953 3º lugar1955 4º lugar1956 15px Campión1957 3º lugar1959 6º lugar1959 15px Campión1963 Retirouse1967 15px Campión1975 Semifinais1979 Primeira Rolda1983 15px Campión1987 15px Campión1989 Final - 2º lugar1991 Primeira fase1993 Cuartos de final1995 15px Campión1997 Primeira fase1999 Final - 2º lugar2001 4º lugar2004 3º lugar2007 4º lugar2011 15px Campión2015Cuartos de final2016Primeira fase Táboa xeral: 1º postoPtsPXPGPEPPGFGCDifRend3421861043052386212+17461,3%
Enfrontamentos en Mundiais Partidos da Copa do Mundo (por equipo)Total: 47 partidos xogados – 18 vitorias – 12 empates – 17 derrotas – 76 goles favor – 65 goles contraEquipoPXVEDGFGCEquipoPXVEDGFGCEquipoPXVEDGFGC312021110021110020310236210122110010301216202022101033220031201102101011211070200225101011211042200228100123211010110080100124210143110040100113210134110030100113210174110020
Xogadores Máis partidos disputados Actualizado a 13 de novembro de 2017 #NomePeríodoPartidosGoles1Maximiliamo Pereira2005-202612442Diego Godín2008-202611383Diego Forlán2002-2014112364Diego Pérez2001-20268415Diego Lugano2003-20268286Rodolfo Rodríguez1976-198678 -7Fabián Carini1999-200974 -8Enzo Francescoli1982-1997731710Sebastián Abreu1996-201370269Álvaro Recoba1995-20076911Ángel Romano1911-1927692811Pablo García1997-2007662
Máximos goleadores da selección Actualizado a 13 de novembro de 2017. miniatura|180px|Luis Suárez, xogador con mellor media anotadora da selección. #Xogador PeríodoGoles (partidos)Media1Luis Suárez2007-202649 (99)0,502Edison Cavani2008-202640 (96)0,503Diego Forlán2002-201436 (112)0,334Héctor Scarone1917-193031 (52)0,605Ángel Romano 1911-192728 (69)0,416Óscar Míguez1950-195827 (39)0,697Sebastián Abreu 1996-201326 (70)0,378Pedro Petrone1923-193024 (29)0,839Fernando Morena1971-198322 (53)0,42Carlos Alberto Aguilera1982-199722 (64)0,3410José Piendibene1909-192120 (40)0,50
Adestradores PeríodoAdestrador1916 Jorge Pacheco Alfredo Foglino1917—1918 Julián Bértola1919—1920 Severino Castillo1920—1922 Ernesto Fígoli1922—1923 Pedro Olivieri1923—1924 Leonardo De Lucca1924—1926 Ernesto Meliante1926 Andrés Mazali Ernesto Fígoli1927—1928 Luis Grecco1928—1932 Alberto Supicci1932—1933 Raúl Blanco1933—1941 Alberto Supicci1941—1942 Pedro Cea1942—1945 José Nasazzi1945—1946 Aníbal Tejada1946-2026 Guzmán Vila GomensoroPeríodoAdestrador1946—1955 Juan López1955 Juan Carlos Corazzo1955—1957 Hugo Bagnulo1957—1959 Juan López1959 Héctor Castro1959—1961 Juan Carlos Corazzo1961—1962 Enrique Fernández1962—1964 Juan Carlos Corazzo1964—1965 Rafael Milans1965—1967 Ondino Viera1967—1969 Enrique Fernández1969—1970 Juan Hohberg1970—1973 Hugo Bagnulo1974—1974 Roberto Porta1974—1975 Juan Schiaffino1975—1977 José María Rodríguez1977-2026 Juan HohbergPeríodoAdestrador1977—1979 Raúl Bentancor1979—1982 Roque Máspoli1982—1987 Omar Borrás1987—1988 Roberto Fleitas1988—1990 Oscar Tabárez1990—1993 Luis Cubilla1993—1994 Ildo Maneiro1994—1996 Héctor Núñez1996—1997 Juan Ahuntchaín1997—1998 Roque Máspoli1998—2000 Víctor Púa2000—2001 Daniel Passarella2001—2003 Víctor Púa2003—2004 Juan Ramón Carrasco2004—2006 Jorge Fossati2006—2026 Oscar Tabárez
Notas
Véxase tamén Outros artigos Maracanazo Federación Uruguaia de Fútbol Mundial de Fútbol Uruguai 1930 Mundial de Fútbol Brasil 1950
Ligazóns externas Arquivo de resultados da RSSSF