Níxer é o maior estado da Nixeria, no occidente da República, creado o 3 de febreiro de 1976. A súa capital é a cidade de Minna. No 2005 tiña unha poboación estimada de 4 082 558 habitantes, nunha área de 76 363 km². Outras cidades relevantes son Bida, Kontagora, e Suleja. Formouse en 1976 cando daquelas o estado do Norte-Occidental se dividiu neste estado de Níxer e no estado de Sokoto.
O nome do estado débese ao río Níxer. Dous dos maiores saltos hidroeléctricos da Nixeria, a presa de Kainji e a de Shiroro, atópanse nesta zona; como tamén o Parque Nacional de Kainji, o maior parque nacional da Nixeria, onde se acha o Lago Kainji.
Como a maioría dos estados nixerianos, está gobernado por un gobernador e unha asemblea. Baixo a administración de Mu'azu Babangida Aliyu, o 13 de xaneiro de 2007, o estado adoptou a xaria.
Áreas de goberno local Pode subdividirse en 25 áreas de goberno local. Agaie Agwara Bida Borgu Bosso Chanchaga Edati Gbako Gurara Katcha Kontagora Lapai Lavun Magama Mariga Mashegu Mokwa Munya Paikoro Rafi Rijau Shiroro Suleja Tafa Wushishi
Véxase tamén
Ligazóns externas Páxina oficial
Níxer