Louden Up Now é o segundo álbum da banda estadounidense de dance-punk !!!, editado o 7 de xuño do 2004 a través de Touch and Go Records nos Estados Unidos e de Warp Records no resto do mundo. O disco foi recibido con boas críticas e nel a banda continua mesturando ritmos bailables funk con influencias post-punk.

Orixinalmente unha das edicións do álbum incluía un disco extra cunha versión "limpa" do disco. A lista de temas da edición en vinilo, formada por dous discos, é a mesma que a do CD sen o corte 10. Unha versión de dous discos foi lanzda nalgúns países con temas adicionais. Unha destas cancións é "Sunday 5.17 AM", que posteriormente sería regravado para o álbum Myth Takes co nome "Yadnus".

Foron publicados dous sinxelos do álbum: "Hello? Is This Thing On?" e "Pardon My Freedom", e o editado anteriormente, en 2003, "Me and Giuliani Down by the Schoolyard" foi incluído no disco.

Listaxe de cancións

Categoría:Álbums de !!! Categoría:Álbums musicais de 2004