Miguel Bautista Carballo, nado en Petín o 20 de xullo de 1958, é un político galego do PSdeG-PSOE.
Traxectoria Administrativo. Nas eleccións municipais de 1999 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE en Petín e foi elixido alcalde como cabeza da lista máis votada, gobernando en minoría. Nas municipais de 2003 foi reelixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 2007 revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta, conseguindo un aplastante triunfo con case un 83% dos votos e 8 dos 9 concelleiros da corporación. Nas municipais de 2011 logrou novamente a maioría absoluta, se ben baixou a un 66% e a 6 concelleiros de 9. Nese mandato foi designado deputado provincial. Nas municipais de 2015 revalidou novamente a maioría absoluta cun 76% dos votos e 6 dos 7 edís, volvendo a ser designado deputado provincial.
Abandonou a alcaldía tras non presentarse á reelección nas municipais de 2019. Nas Eleccións Xerais de abril e de novembro de 2019 concorreu como suplente na candidatura do PSdeG-PSOE ó Senado pola provincia de Ourense. En xullo de 2020 asumiu a súa acta de senador trala renuncia de Juan Carlos Francisco Rivera. Nas Eleccións Xerais de 2023 concorreu como número 2 ao Senado mais non resultou elixido.
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eleccións municipais en Petín
Categoría:Alcaldes de Petín Categoría:Alcaldes de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados provinciais de Ourense Categoría:Senadores por Ourense Categoría:Senadores de Galicia Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Nados en 1958 Categoría:Nados en Petín Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes