Manuel Fernández-Barrón Barrenechea, nado en Ponteareas a finais do século XIX e finado o 10 de maio de 1959, foi un avogado e político galego.
Traxectoria Nunha voda apadriñada por Eduardo Dato, en 1916 casou con María del Carmen Bugallal, quen acabaría herdando o título de condesa de Bugallal. Ese mesmo ano convértese en deputado polo Partido Conservador, en representación do distrito 25 (Ponteareas)Buscador histórico de deputados Eleccións 9.4.1916 ., resultado que repite en catro convocatorias máis, pois en ningunha das cinco eleccións se presentou ningún candidato alternativo.
Beneficiado polo ascenso político da familia da muller, pois o seu sogro chegou a ser presidente do goberno, en febreiro de 1921 é nomeado director xeral dos Rexistros Civil, da Propiedade e do Notariado.
Galardóns Tivo unha rúa no Porriño, agora chamada Rúa do Mercado.
Notas
Categoría:Deputados de Galicia no Congreso dos Deputados Categoría:Nados en Ponteareas Categoría:Finados en 1959 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes