Mighty Joe Young é un filme estadounidense dirixido por Ron Underwood que se estreou en 1998.

Sinopse Nas montañas de África Central, uns cazadores furtivos atacan a un grupo de gorilas. A pesar da chegada dun grupo de ecoloxistas para detelos, non poden evitar que un gorila e a xefa dos ecoloxistas morran. Na liorta un enorme gorila ataca ó xefe dos cazadores e arríncalle dous dedos. Anos máis tarde, o gorila medrou ata acadar un tamaño colosal e é protexido por Jill, a filla da ecoloxista que morrera. Convertido nunha lenda, ninguén ousa cazar na súa selva, pero cando os furtivos descobren que é real intentarán cazalo, polo que o director dunha reserva de vida salvaxe de California convence a Jill para trasladar ó gran gorila Joe alí.

Personaxes Bill Paxton como Profesor Gregory "Gregg" O'Hara Charlize Theron como Jill Young John Alexander como Mighty Joe Young Rade Serbedzija como Andrei Strasser Regina King como Cecily Banks Peter Firth como Garth Naveen Andrews como Pindi David Paymer como Harry Ruben Robert Wisdom como Kweli Christian Clemenson como Jack Geoffrey Blake como Vern Lawrence Pressman como Doutor Elliot Baker Linda Purl como Doutor Ruth Young Mika Boorem como Jill Young de nena Cory Buck como Jason Liz Georges como Nai de Jason Ray Harryhausen como Cabaleiro da festa Terry Moore como A muller elegante da festa

Galardóns e nomeamentos 1998: Nomeado ó Oscar: Mellores efectos visuais.

Notas

Categoría:Filmes de 1998 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Ron Underwood Categoría:Filmes con bandas sonoras de James Horner Categoría:Filmes de Walt Disney Pictures Categoría:Filmes rodados en Hawai Categoría:Filmes sobre primates Categoría:Filmes ambientados en Uganda