Amador de Celis Suárez, nado en Villaquilambre (León) en 1937 e finado en Ourense o 13 de novembro de 2006,La Voz de Galicia, 14-11-2006, p. 16. foi un político galego do PPdeG.

Traxectoria Xefe do Servizo de Extensión Agraria. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura da Alianza Popular á alcaldía de Bande e foi elixido alcalde grazas ao apoio de dous concelleiros do PSdeG. En 1987 revalidou a alcaldía con maioría absoluta á fronte de Alianza Popular. Xa como PPdeG, revalidou novamente a alcaldía con maioría absoluta en 1991, 1995, 1999 e 2003. Permaneceu como alcalde ata o seu falecemento.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Bande

Ligazóns externas Noticia en La Voz de Galicia

Categoría:Alcaldes de Bande Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Nados na provincia de León Categoría:Nados en 1937 Categoría:Finados en 2006