O músculo abdutor curto do polgar é un músculo do membro superior humano, pertencente á man. Forma parte da eminencia tenar, e está disposto encima do músculo opoñente do polgar. Orixínase nos tubérculos do escafoide e do trapecio e nas zonas adxacentes das vaíñas flexoras. Funcións Abduce o primeiro dedo, principalmente na articulación metacarpofalánxica. Innervación O abdutor curto está innervado pola póla recorrente do nervio mediano. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomía para estudiantes. Miembro superior. (en castelán)
Categoría:Musculatura do membro superior