miniatura|180px|Ginkgo biloba, un exemplo de vexetal dioico.

Un organismo dioico, diclino ou gonocórico, é aquel en que as gónadas e, con elas, os gametos masculinos e femininos, son portados por individuos distintos da mesma especie.dioico, dioica no dicionario da RAG.dioico, ca no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.diclino, na no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.gonocorismo no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7. Este fenómeno coñécese como dioecia,dioecica no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7. ou diclinia.diclinia no Diccionario de botánica. Tomo I, de Pío Font Quer, Barcelona, 1993, Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-076-7.

Etimoloxía miniatura|180px|Physalia physalis é un animal colonial dioico.Physalia physalis na ADW.

O termo dioico deriva de dioecia. A palabra dioecia está formada polos elementos di- e -oecia, tirados do grego antigo δι- di-, de δίς dís, "dúas veces", e da palabra οἰκία oikía, "casa". Literalmente: "de dúas casas".

En canto a diclino , é un termo formado polos elementos di- e -clino, este último derivado do grego antigo κλίνη klínē, "tálamo", "leito conxugal". Literalmente: "de dous leitos". Diclinia deriva de diclino.

Nos vexetais Nas plantas, esta característica aparece en especies primitivas como o gingko (Ginkgo biloba) e a cica (Cycas revoluta), mais tamén nalgunhas máis evolucionadas como o pistacho ou alfóncigo (Pistacia vera).

Nos animais En animais, dáse o fenómeno inverso, xa que os grupos de maior complexidade como os artrópodos entre os protóstomos e vertebrados entre os deuteróstomos son practicamente na súa totalidade dioicos.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Monoecia Reprodución sexual

Categoría:Termos botánicos Categoría:Termos zoolóxicos Categoría:Reprodución Categoría:Reprodución vexetal