O bordo medial ou vertebral é un dos tres bordos da escápula. É o bordo máis longo dos tres, estendéndose dende o ángulo superior da escápula ata o ángulo inferior. Forma un traxecto curvo moi aberto cara a dentro. A espiña escapular distorsiona o bordo medial, formándose un ángulo obtuso.
O bordo está comoposto por dous beizos e un suco entre eles. No beizo anterior insírese o músculo serrato anterior, ao longo de todo o traxecto. No suco insírese o músculo elevador da escápula na zona periférica á espiña. Por debaixo insírense de arriba cara a abaixo, o músculo romboide menor e o romboide maior. No beizo posterior insírese o músculo supraespiñal por encima da espiña e o infraespiñal por debaixo dela. Véxase tamén Bibliografía Gray. Anatomy of the human body . Edición de 1918 de dominio público.
Categoría:Escápula