José Antonio Vázquez Calviño, finado en 1990, foi un médico e político galego.

Traxectoria Médico na Pobra do Brollón dende 1960. Nas eleccións municipais de 1983 encabezou a candidatura da Agrupación de Electores Independiente da Pobra do Brollón e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1987 encabezou a candidatura de AP e volveu ser elixido alcalde con maioría absoluta. Nas eleccións xerais de 1986 foi elixido deputado no Congreso pola provincia de Lugo por AP na III lexislatura (1986-1989). A corporación municipal da Pobra do Brollón instaurou o Memorial Calviño na súa honra.

Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Eleccións municipais na Pobra do Brollón Ligazóns externas Calviño, el impulsor de Os Medos en La Voz de Galicia Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Alcaldes da Pobra do Brollón Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Lugo Categoría:Finados en 1990