Os gadiformes (Gadiformes), ou anacantinos (Anacanthini), son unha orde de peixes osteíctios teleósteos, da superorde dos paracantopterixios (Paracanthopterygii), entre os que se inclúen especies de tanta importancia pesqueira e comercial como as pescadas, os bacallaus, as fanecas ou as pescadas.
Apareceron por primeira vez no rexistro fósil no mioceno medio, na metade do terciario.
Etimoloxía O nome da orde deriva do seu xénero tipo, Gadus, do latín gadus, bacallau, e este do grego antigo γάδος gádos, co mesmo significado.
Características Teñen un corpo máis ou menos alongado, con escamas cicloides (rara vez ctenoides), e sen conduto pneumático na vexiga natatoria, órgano que algunhas especies (Melanonidae e Squalogadus) non posúen.
As aletas non teñen raios espiñentos (ou polo menos, sen verdadeiras espiñas); as dorsais e anais son normalmente longas; a caudal homocerca e as pelvianas, cando existen, están inseridas por debaixo ou á altura das pectorais, rara vez por detrás. Algunhas especies posúen un maxilar protráctil.
Habitan principalmente en augas frías do Atlántico norte e tamén no Mediterráneo.
Clasificación miniatura|240px|Bregmacerus atlanticus. miniatura|240px|Merlán (Merlangius merlangus). miniatura|240px|Lirio (Micromesistius poutassou). miniatura|240px|Badeixo (Pollachius pollachius). miniatura|240px|Faneca (Trisopterus luscus). miniatura|240px|Fodón (Trisopterus minutus). miniatura|240px|Maruca (Molva molva). miniatura|240px|Pescada (Merluccius mmerluccius).
Segundo FishBase, a orde comprende dez familias:Gadiformes en FishBase, 2010. Familia Bregmacerotidae Familia Euclichthyidae Familia Gadidae Familia Lotidae Familia Macrouridae Familia Melanonidae Familia Merlucciidae Familia Moridae Familia Muraenolepididae Familia Phycidae
Porén, o SIIT non considera como familias á dos Lotidae, cuxas especies encadra nas subfamilias dos Lotinae e Phycinae, da familia dos Gadidae, e á dos Phycidae, considerada como subfamilia (Phycinae) dos gádidos (Gadidae).Gadiformes (Taxonomic Serial No.: 164665) en SIIT, 2010.
En Galicia
En augas das costas galegas está rexistrada a presenza das seguintes especies de gadiformes:Solórzano et al. (1988)Rodríguez Villanueva el al. (1995)Rodríguez Solórzano et al. (1983)
Familia Gadidae Xénero Gadiculus Gadiculus argenteus — Faneca prateada Xénero Merlangius Merlangius merlangus — Merlán Xénero Micromesistius Micromesistius poutassou — Lirio Xénero Pollachius Pollachius pollachius — Badeixo ou abadexo Xénero Trisopterus Trisopterus luscus — Faneca Trisopterus minutus — Fodón Xénero Ciliata Ciliata mustela — Mariola Xénero Molva Molva molva — Maruca Molva dypterygia — Peixe pau ou maruca azul Molva macrophthalma — Maruca do Mediterráneo Xénero Phycis Phycis phycis — Bertorella común Phycis blennoides — Bertorella da pedra Xénero Raniceps Raniceps raninus — Bertorella anana Xénero Antonogadus Antonogadus macrophthalmus — Barbada de ollos grandes Xénero Gaidropsarus Gaidropsarus mediterraneus — Barbada da pedra Gaidropsarus guttatus — Barbada pinta Gaidropsarus vulgaris — Barbada común
Familia Macrouridae Xénero Malacocephalus Malacocephalus laevis Xénero Nezumia Nezumia aequalis Nezumia sclerorhynchus
Familia Merlucciidae Xénero Merluccius Merluccius merluccius — Pescada
Familia Moridae Xénero Antimora Antimora rostrata Xénero Lepidiomn Lepidion eques
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
Coppola, S. R. et al. (1994): SPECIESDAB: Global species database for fishery purposes. User's manual. FAO Computerized Information Series (Fisheries). Núm. 9. Roma, FAO.
Rodríguez Solórzano, Manuel; Sergio Devesa Regueiro e Lidia Soutullo Garrido (1983): Guía dos peixes de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-433-4. Rodríguez Villanueva, X. L. e Xavier Vázquez (1995): Peixes do mar de Galicia. (III) Peixes óseos (continuación). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. ISBN 84-7507-870-2. Solórzano, Manuel Rodríguez; José L. Rodríguez, José Iglesias, Francisco X, Pereira e Federico Álvarez (1988): Inventario dos peixes do litoral galego (Pisces: Cyclostomata, Chondrichthyes, Osteichthyes). O Castro-Sada, A Coruña: Cadernos da Área de Ciencias Biolóxicas (Inventarios). Seminario de Estudos Galegos, vol. IV. ISBN 84-7492-370-0. Van der Land, J.; Costello, M. J.; Zavodnik, D.; Santos, R. S.; Porteiro, F. M.; Bailly, N.; Eschmeyer, W. N. e Froese, R. (2001): Pisces, en: Costello, M. J. et al. (Ed.), 2001. European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 357–374.
Outros artigos Osteíctios
Ligazóns externas Taxonomía FishBase Taxonomía ITIS