Os valéncidos ( Valenciidae , Myers 1928) son unha familia de peixes teleósteos. Distribúense por augas do sur de España, Italia e costa occidental de Grecia.
Características Son peixes de pequeno tamaño, cunha aleta dorsal provista de 8-11 radios. A liña lateral posúe 28-34 escamas.
Clasificación Comprenden un único xénero e dúas especies: Xénero Valencia Valencia hispanica (Cuvier e Valenciennes, 1846) Valencia letourneuxi (Sauvage, 1880)
En ocasións citouse dentro da familia Cyprinodontidae.
Véxase tamén Ligazóns externas
Taxonomía FishBase Xénero Valencia. Animal Diversity Web
Categoría:Ciprinodontiformes