Apollo 1 (tamén chamado Apolo/Saturno-204 ou AS-204) é o nome da misión Apollo programado para o seu lanzamento o día 21 de febreiro de 1967. Planificouse para ser a primeira misión tripulada do programa Apollo. Perante un ensaio de probas na plataforma de lanzamento (no complexo de lanzamento 34 de Cabo Canaveral) o 27 de xaneiro de 1967, produciuse un incendio na cabina de mando, causando a morte aos tres membros da tripulación (Virgil "Gus" Grissom, Edward H. White e Roger B. Chaffee) e resultando destruído o módulo. O nome da misión Apollo 1, que fora escollido pola tripulación para significar que era a primeira tripulada, foi oficialmente retirado pola NASA en conmemoración deles o 24 de abril de 1967.

Inmediatamente despois do incendio, a NASA convocou o Consello de Revisión de Accidentes para determinar a causa do incendio. Aínda que a fonte do lume non chegou a ser identificada, as mortes dos astronautas foron atribuídas a unha ampla gama de erros na construción do módulo, que sería redeseñado para as seguintes misións. A fase tripulada do proxecto atrasouse uns 20 meses, ata a misión Apollo 7, para corrixir os problemas detectados (atmosfera de oxíxeno 100% puro a alta presión na cabina -altamente inflamable-, amoreamento de cablaxe, materiais non ignífugos, plásticos etc...).

Véxase tamén

Outros artigos Proxecto Apollo Ligazóns externas The Apollo 1 tragedy Artigo de Dr. David R. Williams (do Centro de Voo Espacial Goddard da NASA) adicado á traxedia do Apollo 1

01