O Premio Capital Verde Europea (en inglés: European Green Capital Award) é un galardón instituído e xestionado pola Comisión Europea para recoñecer ás cidades que mellor se ocupan da protección e conservación do ambiente e da contorna vital dos seus habitantes. A cidade que cada ano ostenta a capitalidade exerce de modelo de actuación verde e comparte as súas prácticas con outras cidades.
O premio está aberto, ademais da os 27 países membros da Unión Europea, aos países candidatos oficiais (Turquía, Montenegro, Macedonia do Norte, Croacia e Islandia), así como aos países do Espazo Económico Europeo (Islandia, Noruega e Liechtenstein).
miniatura|400px|Vitoria, Capital Verde Europea 2012|centro Cidades galardoadas 2010: Estocolmo 2011: Hamburgo 2012: Vitoria 2013: Nantes 2014: Copenhague 2015: Bristol 2016: Liubliana 2017: Essen 2018: Nijmegen 2019: Oslo 2020: Lisboa 2021: Lahti 2022: Grenoble
Designacións 2010 e 2011 35 cidades presentaron a súa solicitude para ser designadas Capital Verde Europea 2010 ou 2011. Estocolmo e Hamburgo resultaron elixidas respectivamente por un xurado específico en febreiro de 2009. As demais finalistas foron: Ámsterdan, Bristol, Copenhaguen, Friburgo, Münster e Oslo.
2012 e 2013 Para a convocatoria de 2012 e 2013 presentáronse 17 cidades. No transcurso da conferencia de Capital Verde Europea en Estocolmo, o 21 de outubro de 2010, designouse a Vitoria e Nantes como Capital Verde Europea 2012 e 2013 respectivamente. As outras catro finalistas foron: Barcelona, Malmö, Núremberg e Reiquiavik.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Premio Capital Verde Europea, sitio oficial
Estocolmo 2010, sitio oficial Hamburgo 2011, sitio oficial Vitoria-Gasteiz 2012, sitio oficial Nantes 2013, sitio oficial
Categoría:Unión Europea Categoría:Ecoloxía