En terra hostil (en ) é un filme estadounidense dirixido por Kathryn Bigelow que se estreou no 2008. Gañador de seis Oscars no 2009, incluíndo o Óscar ó mellor filme e o Oscar ó mellor director.
Sinopse Durante a Guerra de Iraq, unha unidade de elite de artificieiros norteamericanos actúa na caótica cidade de Bagdad, onde calquera persoa pode ser un inimigo e calquera obxecto, unha bomba. O xefe do grupo, o sarxento Thompson, morre no transcurso dunha misión e é substituído polo temerario sarxento William James (Jeremy Renner). Cando falta pouco para que a brigada sexa relevada, o imprudente comportamento de James fará que os seus dous subordinados cavilen seriamente no risco que corren.
Personaxes Jeremy Renner como Sarxento de Primeira clase William James Anthony Mackie como Sarxento J. T. Sanborn Brian Geraghty como Especialista Owen Eldrich Guy Pearce como Sarxento Matthew Thompson Christian Camargo como Tenente Coronel John Cambridge David Morse como Coronel Reed Ralph Fiennes como O líder da unidade militar privada Evangeline Lilly como Connie James Christopher Sayegh como "Beckham"
Galardóns e nomeamentos 2009: 6 Oscars, incluíndo mellor filme e dirección. 9 nomeamentos. 2009: 3 nomeamentos ós Globos de Ouro: Mellor filme drama, director e guión. 2009: 6 Premios BAFTA, incluíndo filme, director e guión. 8 nomeamentos. 2009: Critics Choice Awards: Mellor filme. 2008: Festival de Venecia: Premio SIGNIS. Nomeada ó León de Ouro.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Ficha na IMDb Ficha en Filmaffinity
Categoría:Filmes de 2008 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Kathryn Bigelow Categoría:Filmes de Summit Entertainment Categoría:Filmes rodados en Xordania Categoría:Filmes rodados na Columbia Británica Categoría:Filmes sobre a Guerra de Iraq Categoría:Filmes sobre o exército dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes ambientados en 2004 Categoría:Filmes ambientados en Iraq Categoría:Óscar ó mellor filme Categoría:Filmes cuxo director gañou o Óscar ó mellor director Categoría:Filmes cuxo guionista gañou o Óscar ó mellor guión orixinal Categoría:Filmes preservados no National Film Registry Categoría:Filmes de 2008 con versión en galego