Dong Fang Hong 1, tamén coñecido polo seu acrónimo DFH-1, foi o primeiro satélite artificial lanzado pola China. Engalou a bordo dun foguete CZ-1 o día 24 de abril de 1970 desde o centro de lanzamento de Jiuquan, facendo da China o quinto país en poñer un satélite en órbita polos seus propios medios.
Características DFH-1 lanzouse como satélite de comunicacións experimental, cun radiotransmisor a bordo. A súa función principal foi reproducir a canción Don Fang Hong (O leste é roxo), símbolo da revolución maoísta. Durou 26 días en órbita, nunha operación dirixida por Qian Xuesen.
O satélite tiña forma de esfera dun metro de diámetro e estaba composto por sete subsistemas: estrutura, control térmico, enerxía, o transmisor da canción, a telemetría, o sistema de seguimento e o de medición de actitude. Estabilizábase mediante xiro e alimentábase exclusivamente mediante baterías. A canción transmitíase nunha frecuencia de 20,009 MHz. Deixou de transmitir en xuño de 1970.
Notas
Véxase tamén Outros artigos CZ-1 Dong Fang Hong 2 Administración Espacial Nacional Chinesa
Categoría:Satélites artificiais