Knyaz Igor ou Knez Igor (en galego, O príncipe Igor) é unha ópera nun prólogo e catro actos con música de Aleksandr Borodin e libreto en ruso do propio compositor. Debido á morte de Borodin en 1887, o ópera quedou inacabada e foi corrixida e rematada polos compositores Nikolai Rimskii-Korsakov e Aleksandr Glazunov, debido a isto existen varias versións da mesma ópera, xa que Rimski-Korsakov e Glazunov eliminaron boa parte do que Borodin escribira. A estrea póstuma tivo lugar no Teatro Mariinski de San Petersburgo o 4 de novembro de 1890.

O libreto de Borodin está baseado nunha epopea rusa do século XII e se corresponde, vagamente, coa historia narrada no Cantar das hostes de Igor (Slovo o plŭku Ígorevě), que relata a campaña do príncipe ruso (knyaz ou knez) Ígor Sviatoslávich contra as tribos dos pólovtsy, invasoras en 1185.

A partitura inclúe as famosas danzas corais coñecidas como «Danzas polovtsianas» (ou Danzas dos pólovtsy, o fragmento máis coñecido da ópera), que divulgaron en Europa occidental os ballets de Diáguilev e que son interpretadas independentemente en concertos. Outra peza destacada é a aria do khan Konchak, para baixo.

Esta ópera é pouco representada; nas estatísticas de Operabase aparece no posto n.º 153 das óperas representadas no período 2005-2010, sendo a 11.ª en Rusia, con 20 representacións.

Personaxes Personaxe Tesitura Intérpretes na estrea, 4 de novembro de 1890Director: Karl Kuchera Ígor Sviatoslávich (príncipe de Nóvgorod) barítono Iván Mélnikov príncipe Gálitski (cuñado de Ígor) baixo O Khan Konchak (khan dos pólovtsy) baixo Mikhaíl Koriakin Yaroslavna (dona en segundas nupcias de Ígor) soprano Olga Ólgina Vladímir Ígorevich (fillo do primeiro matrimonio de Ígor) tenor Mijaíl Vasíliev Konchákovna (filla do Khan) contralto María Slávina Skulá (tañedor de gusli) baixo Fiódor Stravínski Yeroshka (tañedor de gusli) tenor Grigori Ugrinóvich Ovlur (soldado polovtsiano cristianizado) tenor A nodriza de Yaroslavna soprano Rapaza polovtsiana soprano Dolina

Notas

Véxase tamén

Conto da Campaña de Igor

Ligazóns externas Ópera completa representada no Teatro Bolshoi en 2013 con subtítulos en francés

Categoría:Óperas Aleksandr Borodin Categoría:Óperas en ruso Categoría:Óperas de 1890