Eric Heinz Lenneberg, nado en Düsseldorf en 1921 e finado en 1975, foi un lingüista alemán que introduciu algúns temas no estudo da adquisición da linguaxe e da psicoloxía cognitiva, e máis en xeral sobre o innatismo.
Traxectoria Fuxiu aos Estados Unidos durante a época nazi, pois era xudeu. Foi profesor de psicoloxía e traballou na Facultade de Mecidina da Universidade Harvard e na Universidade de Míchigan en Ann Arbor.
O seu artigo A capacidade da adquisición da linguaxe (1964) introduce os argumentos seminais recollidos máis tarde por Noam Chomsky e popularizados por Steven Pinker no seu libro O instinto da linguaxe.
Lenneberg presenta catro argumentos para o innatismo biolóxico das capacidades psicolóxicas construídos en paralelo a argumentos biolóxicos a favor do innatismo dos riscos físicos:
A aparición universal dun risco nun momento único en toda unha especie, que é un risco "típico da especie". Aparición universal no tempo para un grupo: non simplemente un artefacto de historia cultural, o que é, de novo, unha característica diagnosticada como "típica da especie". Non é posíbel aprender o risco. O desenvolvemento individual dun risco segue rixidamente un padrón dado, independentemente da experiencia particular do organismo.
Categoría:Lingüistas de Alemaña Categoría:Nados en 1921 Categoría:Nados en Düsseldorf Categoría:Finados en 1975