Robert De Niro, nado o 17 de agosto de 1943 en Nova York, é un actor, director e produtor estadounidense de orixe italiana. Os seus primeiros papeis maiores foron nos filmes Toca con xeito ese tambor e Quérote, Nova Iorque, ambos de 1973. En 1974, interpretou a Vito Corleone en O padriño (II parte), un papel que lle valeu o Óscar ó mellor actor secundario.
Traxectoria Graduado na Little Red School House, De Niro fixo o seu debut no cine na película francesa Three Rooms in Manhattan (1965) (como extra) e no 1968 en Greetings e Bloody Mama (dirixidas por Brian De Palma). Despois disto, fixo algúns papeis maiores e menores noutras películas con pouca repercusión, ata que gañou popularidade co seu papel en Toca con xeito ese tambor (1973). Empezou a traballar con Martin Scorsese o mesmo ano con Malas Calles. Outras películas de Scorsese nas que participou De Niro son Taxi Driver (1976), Nova York, Nova York (1977), Touro salvaxe (1980), The King of Comedy (1983), Cape Fear (1991) e Casino (1995). Na maioría destes filmes, De Niro interpretou personaxes emocionalmente inestables con tendencias sociopáticas. Mención á parte merece Taxi Driver, pois a súa actuación como Travis Bickle levouno á fama mundial e uniu para sempre o nome de De Niro co famoso monologo "Estas falándome a min?".
A mediados dos anos 80, De Niro empezou a facer papeis de comedia e tivo moito éxito neste xénero con películas como Brazil (1985), Midnight Run (1988), Wag the Dog (1997), Unha terapia perigosa (1999), Meet the Parents (2000) e Meet the Fockers (2004).
A finais dos 80 De Niro comezou a investir na área de Tribeca en Nova York incluíndo un estudio de cine e un festival de cine. De Niro admitiu máis tarde que algúns dos seus malos papeis que tomou nos 90 foron soamente para apoiar esas obras de caridade.
Gañou dous Oscar da academia, como mellor actor por Touro salvaxe, e como Mellor Actor Secundario por O padriño (II parte).
Curiosamente De Niro e Marlon Brando son os únicos actores que gañaron o Oscar interpretando o mesmo personaxe, Brando gañou por interpretar o vello Vito Corleone en O padriño (aínda que rexeitou o premio), mentres De Niro gañou o premio por interpretar o novo Vito en O padriño (II parte). Brando e De Niro non traballaron xuntos ata The Score (2001).
De Niro é comparado acotío co actor Al Pacino, co que traballou na película de Michael Mann Heat (1995). De Niro interpretaba unha versión máis nova do pai de Pacino en O padriño (II parte).
Vida persoal De Niro casou dúas veces. Ten unha filla chamada Dreena e un fillo chamado Raphael da súa primeira muller Dianne Abbott, así como dous fillos, Julian Henry e Aaron Kendrick da súa relación coa antiga supermodelo Toukie Smith. Os nenos, que son xemelgos, foron concibidos con fecundación in-vitro. Raphael, anteriormente actor, dedícase agora ao mercado inmobiliario en Nova York. A finais do 2004, De Niro casou outra vez coa súa segunda muller Grace Hightower, unha antiga azafata dez anos máis nova. Tiveron un fillo, Elliot, en 1998. A parella pediu o divorcio por diversas disputas.
De Niro ten as súas principais residencias en Manhattan. De Niro apoia firmemente o Partido Demócrata, e prestou apoio explicitamente a Al Gore nas eleccións presidenciais do ano 2000, e a John Kerry nas do 2004. En 1998 pronunciouse en contra do "impeachment" ao presidente Bill Clinton como amigo persoal dos Clinton.
Posúe unha parte do restaurante Rubicon de San Francisco con Francis Ford Coppola e Robin Williams.
Filmografía Actor ou director
Ano Filme Papel Notas 1965 Three Rooms in Manhattan Cliente do restaurante Sen creditar 1968 Greetings Jon Rubin 1969 Sam's Song Sam The Wedding Party Cecil Rodada en 1963 1970 Bloody Mama Lloyd Barker Hi, Mom! Jon Rubin 1971 Jennifer on My Mind Mardigian, condutor de taxi Born to Win Oficial Danny The Gang That Couldn't Shoot Straight Mario Trantino 1973 Tocan con xeito ese tambor Bruce Pearson Quérote, Nova Iorque John 'Johnny Boy' Civello 1974 O padriño (II parte) Vito Corleone 1976 Taxi Driver Travis Bickle 1900 Alfredo Berlinghieri The Last Tycoon Monroe Stahr 1977 Nova York, Nova York Jimmy Doyle 1978 O cazador Michael Vronsky 1980 Touro salvaxe Jake LaMotta 1981 True Confessions Monsignor Desmond "Des" Spellacy1983 The King of Comedy Rupert Pupkin1984 Era unha vez en América David "Noodles" Aaronson Falling in Love Frank Raftis 1985 Brazil Archibald 'Harry' Tuttle 1986 A misión Rodrigo Mendoza1987 O corazón do anxo Louis Cypher Os intocables de Eliot Ness Al Capone1988 Midnight Run Jack Walsh 1989 Jacknife Joseph 'Jacknife' Megessey We're No Angels Ned 1990 Stanley & Iris Stanley Everett Cox Un dos nosos James "Jimmy" Conway Espertares Leonard Lowe 1991 Guilty by Suspicion David Merrill Backdraft Donald 'Shadow' Rimgale Cape Fear Maximilian "Max" Cady 1992 Night and the City Harry Fabian Mistress Evan M. Wright1993 A Bronx Tale Lorenzo Anello Tamén director Mad Dog and Glory Wayne 'Mad Dog' Dobie This Boy's Life Dwight Hansen 1994 Mary Shelley's Frankenstein A criatura1995A Hundred and One Nights Le mari de la star-fantasme en croisière Casino Sam 'Ace' RothsteinHeat Neil McCauley 1996 The Fan Gilbert "Gil" Renard Sleepers Padre BobbyO cuarto de Marvin Dr. Wally 1997 Cop Land Tenente Moe TildenJackie Brown Louis GaraWag the Dog Conrad Brean1998Great Expectations Arthur LustigRonin Sam1999 Unha terapia perigosa Paul Vitti Ninguén é perfecto Walter Koontz2000 The Adventures of Rocky and Bullwinkle Fearless Leader Men of Honor Xefe Leslie William 'Billy' Sunday Os pais dela Jack Tiberius Byrnes2001 15 Minutes Det. Eddie Flemming The Score Nick Wells 2002 Showtime Det. Mitch Preston City by the Sea Vincent Anthony LaMarcaOutra terapia perigosa Paul Vitti2004 Godsend Dr. Richard WellsShark Tale Don Lino VozMeet the Fockers Jack Tiberius Byrnes The Bridge of San Luis Rey Arcebispo de Lima2005 Hide and Seek David Callaway / Charlie2006 Arthur and the Minimoys O rei Voz O bo pastor Xeneral Bill Sullivan Tamén director2007 Stardust Capitán Shakespeare 2008 Righteous Kill Det. Thomas "Turk" Cowan What Just Happened Ben 2009 Everybody's Fine Frank2010Machete Senador McLaughlinStone Jack Mabry Little Fockers Jack Tiberius Byrnes2011Manuale d'amore 3 Adrian Asasinos de elite HunterLimitless Carl Van LoonNoitevella Stan Harris 2012 Being Flynn Jonathan Flynn Red Lights Simon Silver Freelancers Sarcone The Big Wedding Don Griffin Silver Linings Playbook Patrick 2013The Comedian Jackie Burke Caza humana Benjamin Ford Hands of Stone Ray Arcel
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1952 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Actores de Nova York Categoría:Estadounidenses de ascendencia italiana Categoría:Estadounidenses de ascendencia francesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia neerlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia inglesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia alemá Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Actores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Actores de voz dos Estados Unidos de América Categoría:Produtores de cinema dos Estados Unidos de América Categoría:Óscar ó mellor actor