José Vázquez Vigo, nado en Ferrol o 22 de abril de 1898 e finado en Buenos Aires o 26 de novembro de 1955, foi un músico e compositor galego.

Traxectoria En 1914 marchou a Buenos Aires onde se reuniu co seu irmán Julio que emigrara anteriormente. Foi director de orquestras porteñas como Iberia ou Los Murciélagos. Compuxo pasodobres, xotas, muiñeiras, rancheiras, tangos e valses, con títulos de éxito como Currito de la Cruz, Cara Morena, La coruñesa, La comadreja, Guitarra española, Mulatita mía, e Nena. Chegou a compoñer un tango, Maryflor, que gravou Carlos Gardel, de quen foi secretario persoal durante algún tempo. Tamén foi amigo do compositor Enrique Santos Discépolo, con quen colaborou como director musical en catro películas realizadas por Discépolo: El amanecer de una raza, Loco lindo, Melodías porteñas e Palermo.

Regresou a España en 1947 instalándose en Madrid, pero volveu á Arxentina uns anos despois.

Foi pai da escritora Carmen Vázquez-Vigo e avó da actriz española Verónica Forqué.

Véxase tamén Ligazóns externas Biografía en www.todotango.com Reportaxe en El País José Vázquez Vigo na IMDb

Categoría:Compositores de Galicia Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Galegos da Arxentina Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1898 Categoría:Finados en 1955 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes